TURISMO

As consultas na oficina de Turismo de Santiago crecen un 7,61% en xaneiro

08/02/2015

A oficina de información de Turismo de Santiago atendeu no pasado mes de xaneiro 2.587 consultas presenciais na súa sede da rúa do Vilar. Esta cifra supón un crecemento do 7,61% respecto do mes de xaneiro do ano pasado. O crecemento de xaneiro supón que o ano comeza cunha consolidación no crecemento que xa se produciu no conxunto do 2014, cando se atenderon 180.616 consultas, un 1,54% máis que no 2013.

Ler máis

ALCALDÍA

O Pavillón de Santa Isabel acolleu o VII Trofeo de Judo "Cidade de Santiago"

08/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Deportes, María Corral, participaron na entrega de trofeos aos participantes no VII Trofeo de Judo Cidade de Santiago, celebrado esta fin de semana no Pavillón Municipal de Santa Isabel. Nesta xornada de domingo tivo lugar o Campionato Galego Júnior, tras realizarse o sábado a I Copa de España Infantil.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A reurbanización do último tramo da rúa da Pastoriza completará a recuperación urbana do ámbito entre San Roque e San Caetano

06/02/2015

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de mellora de accesos á Almáciga, no ámbito da Pastoriza. Esta actuación, que se inclúe no Programa Urbana Santiago Norte, dá continuidade ás intervencións para a mellora da accesibilidade nas zonas altas da Almáciga, entre a rúa Pastoriza e San Roque, onde se están a abordar actualmente tamén as obras do tramo Basquiños-A Pastoriza, e o tramo Santa Clara-Basquiños, en fase de licitación.

Ler máis

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

A RECI, da que forma parte Santiago, presenta as actuacións realizadas cara a xestión intelixente das cidades

06/02/2015

Segovia acolleu a VIII reunión do Comité Técnico da Rede Española de Cidades Intelixentes (RECI), na que representantes dos 60 municipios que actualmente a integran presentaron as actuacións levadas a cabo polos seus cinco grupos de traballo nos últimos meses, co fin de avanzar cara a xestión intelixente das cidades dunha forma coordinada, consensuada e colaboradora. En representación de Santiago de Compostela, cidade integrada nesta rede, participou o responsable do Departamento de Innovación, Fernando Suárez.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS

Primeiras citas do ano de "Imos ao baile"

06/02/2015

Este sábado 7 de febrero, ás 17:00 horas, na Casa das Asociacións de Cornes, primeira das citas deste ano 2015 do programa Imos ao baile, promovido polos departamentos de Centros Socioculturais e de Relación Veciñais.

Ler máis

CONSORCIO

Alumnos de corda e vento da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen un concerto gratuíto no centro este domingo

06/02/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) pon en marcha unha nova edición de A Escola na Cidade, un ciclo de concertos interpretados por alumnos do centro en diferentes puntos de Compostela ao longo do curso académico. Dentro desta iniciativa, este domingo, 8 de febreiro, a Escola acollerá a primeira actuación do ano, cuxos protagonistas serán, por primeira vez, os alumnos de corda e vento do Curso de Especialización Instrumental (CEI). Este concerto celébrase en colaboración co Concello de Santiago no marco do Ciclo de Novas...

Ler máis
Compartir: