ALCALDÍA

A alcaldesa reclámalle "seriedade e vías de colaboración á Xunta ante o seu desleixo de funcións en vivenda pública en Santiago"

03/04/2024

A alcaldesa Goretti Sanmartín reclamou "seriedade" á Xunta logo de que a administración coas competencias en vivenda reclamase ao Concello a súa execución e utilice procedementos como filtrar á prensa unha carta que non ten como obxectivo resolver o problema da vivenda en Compostela senón buscar unha confrontación que nada achega a resolvelo. "Desde o Concello de Santiago pedimos que existan vías de colaboración e diálogo aberto, franco e transparente que non leve a este tipo de filtracións e de...

Ler máis

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Mañá finaliza o prazo para solicitar os "bonotaxis" para persoas con problemas de mobilidade ou maiores residentes no rural

02/04/2024

Mañá, 3 de abril, finaliza o prazo para solicitar as axudas individuais para o uso do taxi como medio alternativo para persoas con mobilidade reducida ou persoas maiores residentes na zona rural, impulsadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais. A súa contía pode oscilar entre os 150 e os 350 euros, nun pago único.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS E COMERCIO

A Rede de Centros Socioculturais converte o comercio de Santiago no "Museo máis pequeno da cidade"

02/04/2024

Os establecementos comerciais de Santiago convertiránse en pequenos museos para albergar obras de arte en miniatura realizadas polos veciños e veciñas, grazas ao programa "O museo máis pequeno da cidade", impulsado pola Concellaría de Centros Socioculturais. Os concelleiros Xan Duro e María Rozas presentaron hoxe a actividade, coa que a rede de CSC se suma tamén á celebración do Día Mundial dos Museos, o 18 de maio. As persoas que desexen participar achegando a súa proposta artística poderánse...

Ler máis

VIVENDA

Constitúese a Comisión Especial para crear unha empresa municipal de vivenda

02/04/2024

O Concello de Santiago de Compostela está a dar os pasos necesarios para a creación dunha sociedade mercantil de capital integramente municipal que contribúa á necesaria mellora das condicións de acceso á vivenda e á rehabilitación e recuperación do patrimonio inmobiliario compostelán. O Goberno local entende que unha empresa pública é un instrumento fundamental para unha política efectiva en materia de vivenda.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

A mostra ‘#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega’ bota a andar no Auditorio de Galicia

02/04/2024

A exposición inclúe traballos de artistas da BD e o fanzine galego como Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy e poderá ser visitada do 2 de abril ao 16 de xuño. Comisariada por Íñigo Rodríguez Román, a mostra forma parte do programa ‘Mulleres en cadriños’, unha iniciativa dirixida por Neves Rodríguez para pór en valor o traballo das mulleres na banda deseñada galega.

Ler máis

LINGUA

O mes de abril chega ao Espazo Apego con novas actividades e sorpresas

01/04/2024

A proposta de actividades do mes de abril no Espazo Apego xa está dispoñible dende hoxe ambientada, nesta ocasión, no mes dos libros. Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior á actividade, sobre as 12 h. recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello de Santiago recoñecerá coas súas distincións máis altas sete persoeiros o vindeiro 11 de abril

01/04/2024

O Teatro Principal acollerá o xoves 11 de abril o acto de recoñecemento e entrega das principais honras e condecoracións do Concello: as medallas de Ouro da cidade e os títulos de fillo/as predilectos/as ou adoptivos/as. Recaerán en sete persoeiros cuxas traxectorais vitais e profesonais destacaron pola defensa de Compostela en distintos ámbitos. Hoxe, a alcaldesa de Santiago quixo salientar a do médico Ramón Baltar.

Ler máis

XUVENTUDE

A Concellaría de Xuventude leva aos centros educativos un programa de prevención da adicción ás pantallas

01/04/2024

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude pon en marcha un programa de prevención de adicción ás pantallas, que se vai desenvolver nos centros educativos de Compostela ao longo deste trimestre. A concelleira María Rozas explicou que o obxectivo "é responder a unha demanda e unha preocupación crecente na comunidade educativa, tanto entre as familias como entre o profesorado e o propio alumnado". Trátase, incidiu, "de reflexionar sobre o uso que se fai dos dispositivos, de...

Ler máis
Compartir: