CIRCULACIÓN VIARIA E INFRAESTRUTURAS
Vite e Santa Marta serán das primeiras áreas nas que entrará en vigor a nova ordenanza reguladora do aparcamento
Tal e como se comprometeu o alcalde cos veciños, Vite e Santa Marta serán das primeiras zonas nas que se poña en funcionamento a nova Ordenanza Reguladora do Aparcamento, na que se prioriza o uso das prazas dispoñibles por parte dos residentes.
PLENO
O Pleno aproba uns orzamentos axustados que priorizan os servizos sociais
Nunha sesión extraordinaria, o Pleno municipal aprobou inicialmente o orzamento e o cadro de persoal do Concello para o ano 2010. Ademais, deuse o visto bo á reformulación do Plan Económico Financeiro 2009-2011.
URBANISMO
Unha árbore urbana instalada en Conxo promoverá a conciencia cidadá sobre o aforro enerxético e o urbanismo sostible
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, e a secretaria técnica da Asociación Sostenibilidad y Arquitectura (ASA), Teresa Banet, presentaron unha instalación que durante 15 días, no barrio de Conxo, pretende concienciar aos cidadáns sobre o aforro enerxético e a súa importancia para lograr edificios e cidades sostibles. Trátase dunha árbore urbana que producirá enerxía grazas ás pedaladas dos cidadáns e a paneis solares.
TRANSPORTES
TUSSA aproba a actualización das tarifas do transporte urbano
O Consello de Administración de TUSSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou a actualización das tarifas do transporte urbano.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Recepción aos participantes no Congreso Nacional de Esperanto
O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibiu en Raxoi os participantes no Congreso Nacional de Esperanto.
TURISMO
O concelleiro de Turismo lembra que "INCOLSA non está para gañar cartos, senón para que os gañe a cidade"
Pechadas as contas de INCOLSA de 2009 cun lixeiro beneficio, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, valorou a xestión realizada neste ano, malia ter pasado por "unha situación complexa", en relación aos 600.000 euros que se deixaron de percibir polos convenios non subscritos pola Xunta de Galicia.
ALCALDÍA
Reforzo de quendas e equipos de traballo nas principais obras da cidade durante o verán
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que, tras falar coas empresas adxudicatarias, nos meses de xullo e agosto, vanse reforzar as quendas e os grupos de traballo das principais obras en marcha na cidade. O obxectivo é acelerar o ritmo para que estas actuacións estean rematadas antes de final de ano.
ALCALDÍA
A reurbanización da rúa Torreira permitirá crear 32 prazas de estacionamento
O luns 5 de xullo comezarán as obras de reurbanización da rúa Torreira, financiadas no marco dos FES 2010. Esta actuación, presupostada en 327.962 euros, permitirá darlle unha aparencia urbana ao vieiro, que será de sentido único, creando beirarrúas e 32 prazas de estacionamento. A finalización da obra está prevista para finais de ano.
EDUCACIÓN
Comezaron as actividades na Escola Municipal de Verán de Inglés
A Escola de Verán de Inglés (English Summer School), organizada pola Concellería de Educación, botou a andar no IES Rosalía de Castro. Estará aberta ata o 30 de xullo.
DEPORTES
Ábrese o prazo de solicitude do uso das instalacións deportivas municipais para a temporada 2010/2011
Co fin de poñer en funcionamento os pavillóns e campos de fútbol municipais, así como as pistas de atletismo do estadio de San Lázaro para a vindeira temporada 2010/2011, as entidades que teñan previsto participar en actividades de carácter periódico nestas instalacións deben presentar a súas solicitudes. A Concellería de Deportes informa que o prazo estará aberto do 5 ao 26 de xullo.