NADAL

Os Reis Magos repartiron ilusión en Compostela

05/01/2017

As rúas de Santiago acolleron a tradicional Cabalgata de Reis, na que Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron acompañados por máis de 300 persoas, das que 200 eran veciños e veciñas da capital galega inscritos/as no proceso participativo aberto polo Concello. Os Reis Magos foron recibidos polo alcalde e a Corporación, e escoitaron os desexos dos nenos e nenas que se achegaron ata o Pazo de Raxoi.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago remata as obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario

05/01/2017

O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras de limpeza do ciborio da igrexa de San Martiño Pinario. O orzamento global desta intervención foi de 85.207,41 euros. Tal como explica o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio responsable deste proxecto, Ramón Fernández Hermida, limpáronse e rexuntáronse a terraza e os muros do ciborio da igrexa e a cuberta do mesmo, co fin de evitar a entrada da auga da chuvia ao interior do edificio, que chegaba a producir goteiras sobre o altar.

Ler máis

LINGUA

Dous nenos de nove anos e un de cinco, autores das cartas de Nadal máis imaxinativas e creativas

04/01/2017

O Correo do Nadal recolleu durante as pasadas semanas centos e centos de cartas escritas polos nenos e nenas de Santiago, dirixidas aos personaxes máxicos que cada ano lles traen os agasallos destas festas. Cumprindo o encargo que recibiran, os nenos e nenas foron escritores imaxinativos e tamén ilustradores creativos. Amosaron nos seus textos cales eran os regalos que agardan pero, tamén, contáronnos como era o Nadal cando os seus avós e avoas tiñan a súa idade. Foron moitos e moitas os que escribiron ao Apalpador, máis aínda aos...

Ler máis

TURISMO

Santiago logrou no 2016 récords en pernoctacións, no aeroporto e no Camiño

04/01/2017

O ano 2016 foi un moi bo ano para o sector turístico de Santiago, segundo a concelleira de Turismo, Marta Lois, nunha primeira valoración dos datos correspondentes ao ano pasado. Segundo apuntou, "aínda non están dispoñibles os datos definitivos para poder facer unha valoración máis precisa, pero cos datos xa publicados polas distintas fontes oficiais si se pode afirmar que no 2016 Santiago conseguiu novos máximos históricos nas principais variables que definen a demanda turística da cidade: pernoctacións,...

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

A XII edición do "Implícate" traerá unha noite de música, danza e palabra solidaria a Compostela

04/01/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou a XII edición de Implícate. Noite de música e palabra solidaria, un evento organizado por Implicadas para o Desenvolvemento. Na rolda estivo acompañada de Monti Castiñeiras e Yolanda Castaño, presentadores da gala, e por Susana Aríns, membro da Xunta Directiva da entidade.

Ler máis
Compartir: