CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha sesión de lecturas dramatizadas
O Centro Sociocultural de Conxo acollerá o sábado, a partir das 12.30 horas, unha sesión de lecturas dramatizadas dos textos teatrais feitos polos alumnos do obradoiro de dramaturxia impartido por Roi Vidal durante o último trimestre de 2016. Deste xeito, bótaselle o peche a esta actividade, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en colaboración co Concello.
CONSORCIO
O Consorcio e Galaxia publican un libro e un CD con cancións dedicadas á cidade con fins solidarios
Baixo o título Santiago invisible, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar un proxecto fotográfico, literario e musical centrado na cidade de Santiago e cuxos beneficios se destinarán ao Fondo de Emerxencias de Médicos Sin Fronteras. A publicación preséntase esta tarde na Fundación Granell, ás 19:30 horas. Ao acto asistirá o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de publicacións do...
CONSORCIO
A RFG estrea unha obra da compositora serbia Isidora Zebeljan, que se desprazou a Santiago para seguir os ensaios e asistir ao concerto
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos na súa sede, o compostelán Auditorio de Galicia. O primeiro será mañá xoves, 9 de febreiro, ás 20:30 horas.
EQUILIBRIO TERRITORIAL
Comezan as obras de mellora das rúas Picaños, A Estrada e Santas Mariñas
Esta mañá comezaron as obras de mellora das rúas Picaños, Estrada e Santas Mariñas, unha actuación na que se van investir 300.000 euros. Os traballos afectaranlle tanto ao pavimento da calzada como ás beirarrúas, e teñen un prazo de execución de dous meses.
TURISMO
O Entroido dos Xenerais da Ulla incorpora paquetes turísticos, unha exposición e monicreques
O Pazo de Raxoi acolleu a presentación do programa do Entroido dos Xenerais da Ulla, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2013. O programa está organizado polos oito concellos da comarca Ulla nos que se celebra, A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. Esa edición celebrarase do 11 de febreiro ao 5 de marzo.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este domingo unha vítima en Mora (Toledo).
ACCIÓN CULTURAL
ButacaZero e Eme2 dan voz a Maruxa e Coralia Fandiño en "Voaxa e Carmín"
ButacaZero e Eme2 presentan esta semana no Teatro Principal Voaxa e Carmín, dentro da programación teatral da Concellaría de Acción Cultural. A obra, que dá voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, As Marías, está protagonizada por Mabel Rivera e Belén Constenla e poderemos vela en catro funcións, do mércores 8 ao sábado 11, todas ás 20:30 horas.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello ratifica a súa vontade de colaboración coa Fundación Andrea
O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitaron esta mañá a sede da Fundación Andrea, na Barcia, para manter unha xuntanza de traballo coa presidenta da entidade, Charo Barca. O alcalde ratificou o compromiso de colaboración "cunha fundación que leva anos facendo un traballo impagable para humanizar a atención sanitaria aos nenos e nenas enfermos de longa duración, e para mellorar a vida das súas familias".
CONVIVENCIA
O temporal non deixa incidentes graves en Santiago
O temporal que nos últimos días lle afectou a Galicia non deixou incidentes de gravidade en Santiago, pero sí moitas incidencias que obrigaron a mobilizar continuamente aos integrantes do dispositivo especial de seguridade activado polo Concello dende o pasado un de febreiro. Nese operativo participaron máis de 30 persoas, entre Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e empresas concesionarias dos diferentes servizos afectados.
ALCALDÍA
O alcalde apoia a campaña de micromecenado de biopsia líquida
O alcalde achegouse esta mañá á Praza de Abastos para visitar un dos puntos informativos instalados na cidade polos voluntarios da campaña de micromecenado de biopsia líquida, con motivo do Día Mundial do Cancro. Martiño Noriega quixo apoiar así ao doutor Rafael López, líder do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, Oncomet. O alcalde estivo acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.