POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello achega máis de 40.000 euros a cinco entidades sociais da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asinou esta mañá os convenios de colaboración con ACEM, ASPAS, Sarela, Itínera e Fonte da Virxe por importe de 43.414,23 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de centros socioculturais programa 157 actividades para a nova tempada 2020-2021
A rede de centros socioculturais do concello de Santiago programou, para esta nova tempada 2020/2021, 157 actividades, con 1.385 prazas ofertadas, a maiores das deseñadas para as aulas de xogo e de lectura, a través de 10 programacións específicas que se desenvolverán en distintos centros dos barrios e do rural.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo considera as novas restricións razoables e comprensibles e chama á responsabilidade de todos no seu cumprimento
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, valorou esta mañá as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para a cidade, unha vez publicadas no DOG. O rexedor entende que son "medidas preventivas" non tanto provocadas pola situación actual no municipio senón para conter os abrochos e afrontar en mellor estado o último trimestre do ano porque "se se producise un deterioro significativo teríamos que tomar medidas máis restrictivas".
TURISMO
BODAH da un paso máis na mellora da xestión do turismo nas cidades patrimoniais do Espazo Atlántico
Medir e entender mellor o comportamento tanto dos visitantes como dos residentes das cidades patrimoniais do Espazo Atlántico para facilitar a súa xestión e lograr un turismo sostible. Este é o principal obxectivo do proyecto BODAH (Big and Open Data for Atlantic Heritage), liderado por Turismo de Santiago de Compostela y no que participan outras seis entidades de España, Francia, Portugal e Reino Unido.
EDUCACIÓN
A concelleira Noa Díaz despídese do Pazo de Raxoi facendo balance da súa xestión
A edila de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas deu conta en rolda de prensa da súa acción á fronte dos devanditos departamentos dende a súa toma de posesión. A súa renuncia como concelleira formalizarase no pleno extraordinario que terá lugar o vindeiro venres, 4 de setembro.
ACCIÓN CULTURAL
Esta fin de semana celébrase o festival "Agustín Magán" de teatro afeccionado, no que colabora o Concello de Santiago
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participou na rolda de presentación do ciclo, que se desenvoverá no Teatro Principal e no Salón Teatro. A entidade organizadora, FEGATEA, celebra o seu XX aniversario cunha edición especial do festival, que conta cun ano menos.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese cos vendedores ambulantes para estudar posibles ubicacións do mercadiño nas proximidades de Área Central os sábados
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, mantiveron esta mañá unha xuntanza cos representantes dos vendedores ambulantes, Manolo Liste e Antonio Regueiro.
ALCALDÍA
Chamamento do alcalde á responsabilidade e á prudencia ante as novas restricións anunciadas para Santiago
Tralo anuncio de novas restricións por mor da COVID-19 decretadas pola Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago fixo un chamamento á tranquilidade e tamén á prudencia, á responsabilidade e ao cumprimento das normas establecidas.
ALCALDÍA
Reactívase o CECOPAL, que se reunirá semanalmente
O órgano municipal de supervisión da situación provocada pola COVID-19, o CECOPAL, volveu quedar constituído esta mañá baixo a presidencia do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. As xuntanzas terán lugar os martes de cada semana.
ALCALDÍA
O alcalde e o comisario analizan a situación da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá co comisario xefe da Comisaría local de Santiago, Juan Cástor Vázquez Salgado, trala recente toma de posesión deste último. Na xuntanza tamén estivo o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.