ALCALDÍA
O alcalde anima os escritores para nenos a seguir alimentando a imaxinación dos máis pequenos
O Concello de Santiago de Compostela brindou hoxe unha recepción aos participantes no 32º Congreso Internacional de IBBY (International Board on Books for Young People), que se está a celebrar na cidade do 8 ao 12 de setembro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Aínda quedan prazas libres para a realización do camiño a Fisterra
O camiño a Fisterra, que se realizará en seis etapas, inclúese no programa Fai o Camiño Connosco, organizado pola Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Guadalupe Rodríguez.
CULTURA
Curtocircuíto traerá ata final de ano oito novos ciclos cun total de 52 curtas
A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o director de Curtocircuíto, Tim Redford, presentaron hoxe a programación de +Curtocircuíto desde setembro ata finais de ano, que inclúe 52 curtas proxectadas provintes de 21 países e organizadas en oito ciclos diferentes.
TRANSPORTES
O horario de inverno do transporte urbano arranca o venres 10 de setembro
Dende o vindeiro 10 de setembro entrarán en vigor como cada ano os horarios de inverno no transporte urbano, tal e como indicaron o concelleiro Carlos Nieves, e o xerente de Tussa, José Ramón Mosquera.
ALCALDÍA
O alcalde anuncia o previsible remate da nova terminal para a primeira quincena de febreiro
Anticipándose á última data anunciada de marzo, a previsión coa que se traballa agora para o remate da nova terminal do aeroporto de Lavacolla é a da primeira quincena de febreiro, co obxectivo de abrila ao público no mes de abril. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen tamén anticipou que a recepción do Papa en novembro podería facerse fronte á nova terminal.
CULTURA
Trinta mil persoas gozaron en Compostela dos espectáculos do Festival dos Abrazos
Preto de 30.000 persoas gozaron do 9 ao 29 de agosto en Compostela do Festival dos Abrazos. A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, destacou en rolda de prensa o éxito de público da terceira edición do festival, que consolida a fórmula deste certame, no que as propostas artísticas se presentan en prazas, rúas e outros espazos singulares da cidade. Na rolda de prensa tamén participou o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez.
EDUCACIÓN
Uns 275 nenos e nenas participarán cada día nas actividades de setembro da Escola Municipal de Verán
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou a segunda quenda da Escola Municipal de Verán. Este programa desenvólvese ata o 9 de setembro nos CEIP Pío XII, Fontiñas e López Ferreiro. Sumando a participación diaria, nas 18 xornadas da edición de xuño e xullo participaron na Escola 4.223 rapaces e rapazas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Concellería de Participación Cidadá retoma o seu pioneiro centro de mediación
O Centro Municipal de Mediación Cidadá (CEMMCI), posto en marcha pola Concellaría de Participación Cidadá a través da Asociación Galega de Mediación e Igualdade de Xénero (AGAMIX), retoma a súa actividade neste mes de setembro. Este servizo gratuíto ofrece aos cidadáns a posibilidade de ser parte activa na resolución dos seus conflitos, pero coa mediación dirixida por profesionais.
ALCALDÍA
A nova directiva veciñal de Laraño exponlle ao alcalde as demandas da parroquia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coa nova directiva da Asociación de Veciños "A Xunlla", de Laraño. A xuntanza foi unha primeira toma de contacto, na que os representantes veciñais expuxéronlle as principais reivindicacións da parroquia.