CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rocha celebra a súa terceira Semana Cultural cunha ampla oferta de obradoiros, arte e gastronomía
O Centro Sociocultural da Rocha acollerá do martes 18 ao sábado 22 de setembro a súa III Semana Cultural. O concelleiro de Centros Socioculturais, Néstor Rego, presentou o amplo programa de actividades do evento e invitou a tódolos veciños a participar.
UMAD
Cinensino formará unha edición máis aos escolares composteláns sobre prevención de drogodependencias
O programa de prevención de drogodependencias Cinensino volverá ás aulas neste curso 1007-2008. A Xunta de Goberno aprobou o gasto do programa, 27.886 euros, no que poderán participar uns 1.150 alumnos de ensino secundario e 1.000 alumnos de ensino primario.
ALCALDÍA
O martes de Antroido e San Roque serán os festivos locais en 2008
O Goberno municipal acordou que os festivos locais en 2008 sexan o martes de Antroido e a festividade de San Roque, o 16 de agosto.
ALCALDÍA
Os municipios e provincias de Galicia únense á defensa da Cidade da Cultura
A comisión executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), a proposta do seu membro e alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e co acordo unánime de todos os grupos políticos, acordou "o seu apoio e defensa á conclusión da Cidade da Cultura con fidelidade ao proxecto arquitectónico aprobado pola Xunta de Galicia, do cal xa se executou o 60% do orzamento".
ALCALDÍA
O Consello de Relacións Veciñais e o Económico e Social tamén se comprometen co proxecto
Os membros do Consello de Relacións Veciñais e do Consello Económico e Social reuníronse en sesión extraordinaria para adoptar un acordo unánime de apoio ao proxecto da Cidade da Cultura.
ALCALDÍA
Avance das negociacións con Defensa para o traslado do Aero Club a Bando
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu á sede do Ministerio de Defensa, onde se reuniu co novo director xeral da Xerencia de Infraestruturas, Jaime Denís Zambrana, para falar sobre o futuro do antigo campo de tiro e campamento militar de Bando.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O atelier de moda Pret-a-couture Belén Mosquera faise co primeiro premio do Concurso de I+C
A segunda edición do Concurso de Imaxinación máis Comercio (I+C) xa ten gañadores. O atelier de moda Pret-a-couture Belén Mosquera fíxose co primeiro premio. O centro de estética Saúde e Beleza e a xoiería artesá Katuxa Platero Seoane recibiron os outros dous galardóns.
ALCALDÍA
O alcalde agarda novos pronunciamentos a favor da Cidade da Cultura fóra do ámbito de Santiago
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reiterou o seu apoio ao proxecto da Cidade da Cultura, "un dos maiores retos de Santiago e de Galicia para o futuro". "Temos a responsabilidade de garantir a rendibilidade e o acerto deste investimento", apuntou.
BENESTAR SOCIAL E RELACIÓNS VECIÑAIS
Continúan a bo ritmo as obras das novas sedes para as asociacións veciñais e de servizos sociais
Unha vez inaugurada a nova sede de Benestar Social, en Galeras, o seguinte edificio en poñerse en marcha será a Casa das Asociacións de Servizos sociais, en Salgueiriños. Segundo o alcalde, as obras avanzan a bo ritmo, coa idea de "rematar as obras en torno ao 30 de outubro e abrir o edificio en xaneiro".
ALCALDÍA
Manuel Gallego deseñará o proxecto de remodelación do antigo Banco de España
O arquitecto Manuel Gallego Jorreto será o encargado de deseñar o proxecto de remodelación do antigo Banco de España, segundo anunciou o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo. "É un dos grandes arquitectos galegos", apuntou a propósito dun profesional, Premio Nacional de Arquitectura en 1997, considerado como un dos máximos expoñentes da arquitectura racional en España.