EDUCACIÓN
Inaugurada a exposición "O encontro na poética de Eugenio Granell"
O Arquivo da Cidade da Cultura acollerá ata o 2 de decembro a mostra O encontro na poética de Eugenio Granell, a primeira das motras programadas pola Fundación do artista en diferentes espazos da cidade para celebrar neste 2012 o centenario do seu nacemento.
FACENDA
Orzamento 2012: unhas contas municipais dinamizadoras e de carácter social
O próximo martes día 19 de xuño de 2012 someterase a ditame da Comisión Informativa de Facenda o orzamento do exercicio 2012 e prevese a súa aprobación no Pleno a celebrar o vindeiro venres 22.
MEDIO RURAL
O Concello recupera os lavadoiros de Vilar de Outeiro e da Peregrina e acondiciona o campo da festa de Figueiras
O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polos concelleiros de Medio Rural, Luis Bello, e de Participación Cidadá, Francisco Noya, visitou os lavadoiros de Vilar de Outeiro-Verdía e da Peregrina, e o campo da festa de Figueiras tras as obras de restauración e reforma realizadas. Nestas tres actuacións, realizadas en contacto directo cos veciños, investíronse 47.300 euros.
DEPORTES
O I Circuíto de Carreiras Saudables "CorreSAN" alenta os composteláns a sumarse á actividade física regular
Ponse en marcha o I Circuíto de Carreiras Saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé organizadas pola Concellería de Deportes. Serán catro carreiras que teñen o obxectivo de animar a grandes e pequenos a realizar unha actividade física saudable e mellorar así a súa calidade de vida.
EDUCACIÓN
Cento vinte alumnos de cinco institutos españois estudan Compostela dende unha vertente matemática
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, recibiron 120 alumnos e alumnas de cinco institutos de Sevilla, Tenerife, Córdoba, Olot (Girona) e Berga (Barcelona). Participan no proxecto Con mirada matemática, no marco do programa ARCE, convocado polo Ministerio de Educación, Política Social e Deportes.
CULTURA
"O retrato de Dorian Grey", de Teatro Arte Livre, pecha a programación desta temporada do ciclo Teatro&Danza
O retrato de Dorian Grey pecha a programación deste curso de Teatro&Danza, ciclo da Concellaría de Cultura. Será o martes 19 e o mércores 20 de xuño no Teatro Principal. As entradas, 12 € (9 € no anfiteatro) poden mercarse na billeteira do Teatro Principal, que permanece aberta de 18:00 a 21:00 horas de martes a sábado (+ días de espectáculo).
ALCALDÍA
Reunión do padroado da Fundación Granell
O alcalde compostelán e copresidente da Fundación Granell, Ángel Currás, e o concelleiro Francisco Noya asistiron no Pazo de Bendaña á reunión do padroado da entidade.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o novo xeneral xefe da Garda Civil en Galicia, José María Feliz Cadenas, só un día despois de que este tomara posesión do seu cargo.
TURISMO
As conexións internacionais de Lavacolla sumaron 27.881 pasaxeiros en maio, un 21,47% máis que en maio do 2011
As sete conexións internacionais operativas no aeroporto de Lavacolla no mes de maio moveron 27.881 pasaxeiros. Esta cifra representa un aumento de 4.929 pasaxeiros respecto dos 22.952 que houbo no mesmo mes de 2011, cun crecemento do 21,47%. O incremento é maior tomando coma referencia o mes de maio do Ano Santo, cando houbo 21.397 pasaxeiros. Neste caso o crecemento é de 6.484 pasaxeiros, un 30,30%.
MEDIO AMBIENTE
Campaña municipal de inspección de animais potencialmente perigosos
A Concellería de Medio Ambiente está a levar a cabo durante este ano 2012 unha campaña específica de inspección de animais potencialmente perigosos, co obxecto de identificar aqueles que non teñen a obrigatoria licenza municipal e a inscrición no Rexistro municipal creado ao respecto. Ata o momento xa se teñen localizado uns 100 e iniciado o correspondente procedemento para que os seus donos cumpran coa súa obriga legal.