PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova cita en Vite con "Imos ao baile"
Continúa a desenvolverse con éxito o programa Imos ao baile 2013, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. A próxima cita será o sábado 21 de setembro no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite.
COMERCIO
Noite de compras e agasallos no Centro Comercial As Cancelas
A concelleira de comercio, Reyes Leis, asistiu á presentación da primeira Fashion Night Out do Centro Comercial As Cancelas, que se celebrará este venres, 20 de setembro, entre as 20:00 e as 24:00 horas.
CULTURA
James Gilchrist, protagonista do segundo concerto do XIV Ciclo de Lied
O tenor James Gilchrist será o protagonista do segundo concerto do XIV Ciclo de Lied, que se celebra este venres 20, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Este ano, o Ciclo de Lied celébrase baixo o epígrafe de "Centenario Britten: A canción inglesa no século XX" e nel estivo xa o barítono Roderick Williams, e poderemos escoitar o martes 23 á soprano Elizabeth Watts. Todos acompañados, como é habitual, polo pianista Roger Vignoles, alma do Ciclo.
BENESTAR SOCIAL
Continúan as xornadas formativas para hostaleiros sobre consumo sen alcohol
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu ao obradoiro de coctelería sen alcohol para hostaleiros impartido no marco das xornadas Que che apetece? Santiago Sen, organizadas pola Área de Servizos Sociais. Estas accións pretenden fomentar no eido da hostalaría orientada a xente nova as posibilidades de negocio que ten o consumo recreativo sen alcohol.
XUVENTUDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Máis de 150 estudantes estranxeiros universitarios xa se inscribiron no programa "Busco parella...lingüística"
A concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, lembrou que segue aberta a inscrición no Programa de Intercambio Lingüístico Busco parella...lingüística, posto en marca polo Concello en colaboración coa USC. Precisamente, grazas á información ofrecida na xornada de benvida aos alumnos estranxeiros que se incorporan á USC, xa son máis de 150 os estudantes anotados no programa.
DEPORTES E EDUCACIÓN
O Concello convida os composteláns a un paseo pola cidade no XXIII Día da Bicicleta
Os concelleiros de Deportes, Adrián Varela, e de Familia e Benestar Social, María Castelao, presentaron o XXIII Día da Bicicleta, que se celebrará o domingo 29 de setembro. Un ano máis, o Concello aposta por esta xornada de lecer, deporte e familia, que nesta ocasión terá a súa meta na praza central da Cidade da Cultura.
SEGURIDADE CIDADÁ
Redución significativa das infraccións polo non uso do cinto de seguridade e de sistemas de retención infantil nos vehículos
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Luis Bello, detallou os resultados da última Campaña de vixilancia e control de cintos e sistemas de retención infantil, realizada entre o 9 e o 15 de setembro, no marco dos controis promovidos pola Dirección Xeral de Tráfico. Os datos constatan unha redución do número de infraccións, resultando especialmente significativa a inexistencia de infraccións por ausencia de sistemas de retención infantil nos controis efectuados.
CULTURA
Estrea de "Mornings", de Blanca Cendán e Suso Alonso, dentro do ciclo Teatro & Danza
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, Blanca Cendán e Suso Alonso presentaron na Zona C Mornings. Guateque global, cuxa estrea absoluta se celebrará na propia Zona C dentro do ciclo Teatro & Danza. Será en catro funcións, do xoves 19 ao domingo 22 ás 20:30 horas, agás o domingo, que será ás 19:30 horas.
CULTURA
Posponse ata o luns 23 o concerto inagural da temporada de Real Filharmonía por un problema de saúde do barítono Simón Orfila
O concerto de inauguración da nova temporada de abono do Auditorio de Galicia e a Real Filharmonía, previsto para este xoves 19 no Auditorio tense que cancelar por unha indispoñibilidade vocal duns dos seus principais protagonistas, o barítono Simón Orfila. O recital, que se centrará en arias de óperas dos máis grandes compositores deste xénero, Mozart, Rossini e Donizetti (Don Giovanni, O barbeiro de Sevilla, Lucrezia Borgia ou Anna Bolena, entre outras), terá lugar o luns 23 de.../em>/em>
XUVENTUDE
Xuventude promove un novo programa de lecer e aventura para as fins de semana
A Concellería de Xuventude promove unha nova proposta de lecer para os mozos e mozas da cidade. Trátase do programa Aventúrate esta fin de semana, que permitirá aos participantes participar en diversas actividades de aventura as fins de semana dos 28 e 29 de setembro, 26 e 27 de outubro e 23 e 24 de novembro. O prazo de inscrición xa está aberto.