XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba os prezos públicos das actividades dos centros socioculturais para este curso e as reducións por motivos sociais, culturais e de interese público

19/09/2022

O executivo local, ademais de dar luz verde aos prezos públicos e aos prezos reducidos das actividades regulares para o curso 2022-2023 dos centros socioculturais, que se manteñen conxelados, aprobou a aplicación da gratuídade da atención educativa na rede de Escolas Infantís Municipais do Concello (Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños). Deu conta dos asuntos tratados en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE

A sede de Aspanaes en Santiago recibe a visita dos concelleiros Mila Castro e José Manuel Pichel

19/09/2022

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro; o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso visitaron hoxe a sede de Aspanaes (Asociación de Pais e Nais con Espectro Autista) en Santiago. Un centro, segundo destacou Mila Castro, de "referencia a nivel de Galicia" tanto pola ubicación, nunha contorna natural, como polo equipamento, que o organismo provincial subvencionou con 150.000 euros.

Ler máis

COMERCIO

O Concello de Santiago destina 450.000 euros á innovación e promoción do comercio local a través de dúas convocatorias de axudas

17/09/2022

Está previsto que a principios da vindeira semana se publiquen no BOP as bases das convocatorias de axudas para a mellora de axudas para a mellora e innovación do comercio local, no marco do programa "Coidar para mellorar"; e as das subvencións ás asociacións para actividades de promoción e dinamización comercial; correspondentes, ámbalas dúas, á anualidade 2022. Nestas convocatorias, aprobadas esta semana en Xunta de Goberno, o Concello de Santiago inviste, en conxunto, 450.000 euros.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Arranca en Santiago a implantación do colector marrón para a recollida de materia orgánica

16/09/2022

O alcalde de Santiago e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presentaron esta mañá no barrio de Vite a campaña "Ti Tes a chave", coa que o Concello de Santiago pretende promover a posta en marcha dun Plan de Xestión para a Materia Orgánica e fomentar a compostaxe no municipio. Esta iniciativa enmárcase dentro de Santiago Sostible, marca paraugas para todas as actividades e proxectos relacionados co servizo de limpeza viaria e de recollida de lixo no municipio compostelán.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello e a USC organizan a IV Feira de Emprendedoras do 26 ao 30 de setembro

16/09/2022

O Concello de Santiago e a Universidade de Santiago (USC) colaboran un ano máis para organizar a IV edición da Feira de Emprendedoras de Compostela, que esta edición porá o foco nas entidades do sector artístico e cultural da cidade e a súa contorna. Este evento, destinado a emprendedoras de Compostela e a súa contorna, así como a universitarias como futuras empregadas e creadoras de emprego, será por cuarto ano consecutivo un punto de encontro e de intercambio entre mulleres referentes e outras emerxentes no mundo do...

Ler máis

MOBILIDADE

Últimas horas para inscribirse na marcha ciclista "Compostela en Bicicleta" que terá lugar o próximo domingo no marco da Semana Europea da Mobilidade

16/09/2022

No marco da Semana Europea da Mobilidade en Santiago, o vindeiro domingo 18 de setembro ás 11:00 h terá lugar unha marcha ciclista con saída e chegada desde a praza do Obradoiro. O percorrido terá unha distancia de 10 quilómetros e poderase participar tanto en bicicleta como en patinete eléctrico. Ao finalizar a marcha, tamén haberá actividades dirixidas aosd máis cativos.

Ler máis

DEPORTES

O campo das Cancelas de Santiago acolle esta fin de semana o primeiro Trofeo Alevín de fútbol 8 da Deputación da Coruña

16/09/2022

Neste torneo, organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Santiago, a Federación Galega de Fútbol e a SD Compostela, participarán durante tres días 336 nenos e nenas de 24 equipos da provincia. O evento deportivo foi presentado esta mañá nunha rolda de prensa na que participou a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa.

Ler máis

DEPORTES

Abertas as inscricións para a andaina solidaria "Santiago de Compostela En Marcha Contra ou Cancro"

15/09/2022

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Asociación Española Contra o Cancro en Santiago, Francisco Pais, presentaron esta mañá a primeira edición desta andaina solidaria que se celebrará o domingo 24 de setembro e cuxos beneficios irán destinados integramente á investigación contra o cancro. As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 22 de setembro.

Ler máis

POLÍTICAS SOCIAIS

A UAMI do Concello de Santiago lanza unha campaña de sensibilización contra o racismo co lema "Compostela contra o racismo"

15/09/2022

A Concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañada pola traballadora social da UAMi, Inma Peleteiro, presentou esta mañá a campaña de sensibilización "Compostela contra o racismo", lanzada pola Unidade de Atención ás Migracións (UAMI) co obxectivo de chamar a atención sobre as razóns que nos levan á discriminación racial e outras formas de intolerancia.

Ler máis
Compartir: