FESTAS
Un novo tratamento fotográfico de texturas sobre a Catedral, principal novidade dos Fogos do Apóstolo
O concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, e o director da empresa Mirada Creativa, Manuel Coronado, presentaron en rolda de prensa o grandioso espectáculo organizado para os tradicionais Fogos do Apóstolo, que terán lugar o próximo martes, 24 de xullo. Baqueiro destacou a importancia deste espectáculo "o máis importante que se celebra en toda Europa, agás que exista un acontecemento destacado". Tamén quixo convidar a todos os santiagueses a aos turistas a participar desta festa que co paso dos anos...
ALCALDÍA
Recepción á Orde do Camiño de Santiago
Como cada sábado antes do Día do Apóstolo, a Orde do Camiño de Santiago celebrou o seu Capítulo Xeral. Nesta ocasión tratábase da XI edición e entre os actos programados estaba unha recepción en Raxoi, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
INFRAESTRUTURAS
Conclúe a primeira fase das obras na Rúa Nova de Abaixo
Para o día do Apóstolo estará concluída a primeira fase das obras de reurbanización da Rúa Nova de Abaixo, entre Santiago del Estero e Montero Ríos. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, visitaron as obras, que teñen un orzamento total de 797.854 euros.
FESTAS
Rock e zarzuela nunha nova xornada das Festas
Diversas actuacións musicais están organizadas para a xornada do sábado 21, no marco das Festas do Apóstolo. No Multiusos do Sar terá lugar a esperada actuación de Andrés Calamaro e Fito & Fitipaldis, que presentan a súa xira conxunta: "2 son multitud". Só ofrecerán catro concertos neste tour, escollendo a Santiago como escenario dun deles.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Belén Mosquera gaña a edición de verán do Concurso de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou aos tres premiados na edición de verán do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". En primeiro lugar clasificouse o taller e tenda de vestidos de noiva Belén Mosquera pret-a-couture, situada na rúa Fonte de San Miguel, 1. En segundo lugar quedou a droguería e perfumaría Enjabonarte, ubicada na Rúa dos Bautizados, 3. E o terceiro lugar foi para a tenda de marroquinería Media Lúa, situado...
REHABILITACIÓN
O Concello asina con Vivenda un convenio para o financiamento dos gastos de mantemento das oficinas de rehabilitación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou coa conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, un convenio que permitirá financiar os gastos de mantemento e de persoal das oficinas de rehabilitación destinadas a informar e xestionar as axudas públicas nas Áreas de Rehabilitación. O Concello de Santiago conta con dúas destas áreas declaradas, nas que se rehabilitarán 535 vivendas.
ALCALDÍA
Benvida aos mellores expedientes do bacharelato
A Facultade de Medicina e Odontoloxía acolleu o acto de benvida aos alumnos de bacharelato con mellores expedientes, no marco do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC".
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural do Ensanche proxecta vídeos musicais
Do 21 ao 28 de xullo, o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acollerá a proxección de diversos videos musicais. A actividade, denominada "Videoshow", pretende dar a coñecer o potencial cultural do video musical. Exhibiranse videos achegados por Zënzar, Transportes Hernández y Sanjurjo, Samesugas, Teatro Cachuzo, Megaloves e Vinilo Keepers.
CULTURA
Compostela reforza os seus vínculos cos países lusófonos
Colaborar economicamente con diversas actividades relacionadas coa lingua e cultura portuguesa é o obxectivo do convenio asinado polo concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, e polo presidente da Fundación Vía Galego, Carlos Callón. A contía achegada polo Concello será de 25.000 euros.
FESTAS
O Círculo Lírico de Galicia presenta a posta en escena en Santiago de "La verbena de la Paloma"
O concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, e o director de "La verbena de la Paloma", Paco Navajas, presentan o venres, 20 de xullo, esta actuación, que terá lugar o sábado 21 de xullo na praza da Quintana.