CONSORCIO
O Consorcio aproba un orzamento de máis de 11 millóns de euros para 2012
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presidiu o Consello de Administración do organismo. Na reunión aprobouse o orzamento da entidade para o ano 2012, que ascende a 11.273.467 euros.
CULTURA
"Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio", de Enrique Lista, nova intervención na Zona "C"
O mércores 23 de maio, ás 20:00 horas, inaugúrase Políptico. Un comentario sobre a posta en valor do patrimonio, un novo proxecto do artista Enrique Lista concibido para a Zona "C".
TURISMO
Santiago acolle unha nova reunión de traballo do Proxecto Certo
Santiago acolleu unha reunión de traballo do Proxecto Certo, un proxecto concedido pola Unión Europa co obxecto de promocionar de forma conxunta tres dos Itinerarios Culturais Europeos: o Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olaf, que comparten o feito de ser rutas de peregrinación con grande influencia na Idade Media.
URBANISMO
Máis de dous millóns de euros para as ARI de Vista Alegre, Pontepedriña e Casco Histórico
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta da sinatura dos convenios entre o Concello, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Ministerio de Fomento para o financiamento de novas fases de actuación nas áreas de rehabilitación integral (ARI) de Vista Alegre, Pontepedriña (grupos Compostela e Cardeal Quiroga Palacios) e Casco Histórico. En total, son 2.314.000 euros de subvención para unhas obras que suporán un investimento inducido de 4.900.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Unha nova ordenanza regulará e actualizará todos os tipos de ocupación da vía pública
A Xunta de Goberno aprobou inicialmente o novo proxecto de ordenanza de ocupación e uso da vía pública. O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez deu conta das principais características desta norma, que regula e actualiza todos os tipos de ocupación.
CULTURA
La Habitación Roja, The Last Internationale + The Ripe e Wanda Jackson + Pedrito Diablo & Los Cadáveras no Compostela Rock
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Victor Carou presentou os novos concertos do Compostela Rock, ciclo da Concellería de Cultura. Serán La Habitación Roja, o 24 de maio no Teatro Principal; The Last Internationale+The Ripe, o 6 de xuño na Sala Capitol; e Wanda Jackson+Pedrito Diablo & Los Cadáveras, o 4 de xullo tamén na Sala Capitol.
TURISMO
Santiago promociónase en Frankfurt como destino de congresos e incentivos
Turismo de Santiago estará presente no Imex de Frankfurt, un dos eventos máis importantes do mundo no sector do turismo de congresos e incentivos. O evento celébrase do 22 ao 24 de maio. No ano 2011 participaron 3.500 expositores, procedentes de 157 países, datos que amosan a importancia deste encontro.
EDUCACIÓN
"Súbete ao tren" reuniu no Multiusos de Sar a nenos e nenas de 6 a 14 anos nunha xornada lúdica e educativa
O Multiusos Fonte do Sar acolleu un encontro entre nenos e nenas de 6 a 14 anos, organizado a través da Asociación de Voluntarios Corporativos de La Caixa en Galicia e a Concellería de Educación. A titular do Departamento, Rebeca Domínguez, participou na xornada.
FESTAS
Máis de 2.000 persoas viviron en Amio unha nova edición da Festa do Maiores
Celebrouse no recinto feiral de Amio a décimo cuarta edición da Festa para os nosos maiores, que contou con máis de 2.000 participantes.
CULTURA
Eliseo Parra presenta o seu último traballo, "Contradicción", dentro de Sons 2012
Logo do concerto de Tortoise chega outra cita co ciclo Sons 2012. Será con Eliseo Parra, o domingo 20 de maio, no Teatro Principal, ás 21:00 horas. No concerto, que se celebra en colaboración coa casa das Crechas polo seu 25 aniversario, Parra presenta o seu último traballo, Contradicción. As entradas, a 12 € anticipada (8 € no anfiteatro) e 15 € o día do concerto, poden mercarse nas billeteiras do Teatro Principal (abertas de martes a sábado de 18 a 21h.), en Novagaliciabanco e na Casa das Crechas