DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O "Efecto Proximidade" volve este xoves ao mercadiño de Salgueiriños

17/08/2016

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou as actividades do Efecto Proximidade que terán lugar no mercado de Salgueiriños os xoves 18 e 25 de agosto e o 1 de setembro. Esta acción enmárcase nas actividades do programa municipal Compostela Móvese, plan que recolle as múltiples actividades que desenvolve a Oficina de Promoción Económica municipal para impulsar un novo modelo económico para Santiago apoiándose nas principais fortalezas da cidade.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde inicia contactos coa Xunta para abordar a situación das parroquias afectadas polos incendios forestais

17/08/2016

O alcalde iniciou hoxe contactos coa Xunta de Galicia para abordar a situación de San Xoán e Santa Cristina de Fecha, as parroquias máis afectadas polos incendios forestais da semana pasada. Martiño Noriega mantivo unha conversa telefónica coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que se comprometeu a estudar as posibles medidas adoptar, tanto co Concello como cos representantes das zonas arrasadas polas lapas. O rexedor expresou a súa vontade de "traballar de xeito coordinado entre as distintas administracións, cada...

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción aos participantes no LIX Curso Internacional "Música en Compostela"

11/08/2016

A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi os participantes na LIX edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra dende o 31 de xullo e que rematará o vindeiro 13 de agosto. Nesta edición participan 80 alumnos e alumnas procedentes de diferentes puntos de España e de países como Rusia, Bélxica, Romanía, Alemaña, Portugal, Canadá, Estados Unidos, Costa Rica, México, Colombia, Brasil ou China.

Ler máis

MEDIO RURAL

O Concello segue colaborando con todos os seus recursos nos labores de extinción do lume declarado este mércores en Fecha

11/08/2016

O concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, informou en rolda de prensa da situación a media mañá deste xoves do incendio declarado onte mércores na parroquia de San Xoán de Fecha, que tamén se estendeu á veciña Santa Cristina de Fecha e á parroquia de Tapia, xa no municipio de Ames. O Concello segue colaborando coa Xunta nos labores de extinción deste lume, que segue activo e que xa queimou en torno ás 500 hectáreas.

Ler máis

FACENDA

Prioridades e necesidades de actuación en Santiago de Compostela orientan as propostas dos Orzamentos Participativos

10/08/2016

Xa está a disposición de quen o desexe en na web de Compostela Decide un documento resumo da asemblea de Cidade do pasado 28 de xullo. O documento contén unha diagnose das principais necesidades e prioridades de actuación no municipio compostelán, recollendo as ideas e propostas realizadas polas persoas participantes na asemblea que tivo lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. A través de dinámicas grupais, a xente participante foi achegando e agrupando por áreas aquilo que consideraron necesario ou prioritario...

Ler máis
Compartir: