CULTURA
O Festival d’Gorra comeza unha nova semana de actuacións
Tras unha xornada de descanso e de novo con bo tempo, o Festival d’Gorra retoma as súas actividades da man de prestixiosas compañías e artistas de circo. Entre outras, estréase Manic Freak cun espectáculo que invita a buscar o neno interior de cada un.
CULTURA
Os Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers despídense de "Feitoamán"
A noite do martes 22 é a última ocasión para asistir ao espectáculo musical dos inclasificables Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers. Actuarán ás 22:30 e, á mesma hora, nova ocasión para gozar da música do cantautor Fermín Romero.
CULTURA
Blues e canción de autor en "Feitoamán"
A noite do luns 21 traerá ao casco antigo os ritmos do blues e da canción de autor. Grazas a "Feitoamán", actuarán en Compostela Blues Vivo Afrocuncas e o cantautor canario Fermín Romero.
CULTURA
Dúas novas demostracións circenses no Festival d’Gorra
A xornada do domingo trae dous novos espectáculos ao Festival d’Gorra. Malabaranda e Pisando Ovos debutan na presente edición, que tamén traerá novos pases de Shampoo e do Cabaré de PistaCatro.
CULTURA
O espectáculo de Tom nunha nova xornada de "Feitoamán"
O festival "Feitoamán" ten preparada unha actuación especial para o domingo 20 de agosto. Trátase do espectáculo do cantautor Tom Trovador, titulado "Tom Showman". A cita é ás 20:30 horas na Praza de Feixoo.
CULTURA
Chega a Compostela a mellor música electrónica do momento
Electro Sonx chega a Compostela cos mellores ritmos electrónicos. O sábado 19 de agosto, ás 21:30 horas, a Praza da Música (ao carón do Auditorio) acollerá a actuación de DJ Maral Salmassi, Wagon Cooking, Alcohol Jazz, DJ Telephunken, DJ Grobas, DJ Darkrow e o Colectivo Oruga. Unha posibilidade para que todos e todas poidan gozar con algúns dos artistas que trunfan nos certames máis prestixiosos e actuais. A entrada é libre.
CULTURA
Máis diversión para todos os públicos no Festival d`Gorra
O Festival d’Gorra agarda unha tregua do tempo para que os artistas do circo poidan seguir saíndo á rúa. Se a choiva o permite, o público poderá gozar un día máis das habilidades e simpatía dos artistas.
CURTOCIRCUITO
As mellores curtas documentais internacionais exhibíronse na Praza de Abastos
Como chovía, a quinta sesión de CurtoCircuíto na Rúa celebrouse na Praza de Abastos, onde se xuntaron unhas 300 persoas para ver as mellores curtas documentais do panorama internacional. Continuaron as votacións do público para escoller as mellores curtas proxectadas na rúa este ano.
PROTECCIÓN ANIMAL
O refuxio de Bando incrementa a recepción de animais nestes meses de verán
A época de vacacións e, sobre todo, a chegada da época de xestación de gatas e cadelas fai que durante estes meses se incremente o número de animais que chegan ata o refuxio de Animais de Bando. Máis de 300 cans e gatos moran nestes intres nas instalacións, á espera da súa adopción.
CULTURA
Nova cita co circo de rúa no Festival d`Gorra
A expensas do que dispoña a meteoroloxía, visitantes e veciños volverán a amorearse arredor dos artistas que participan no Festival d’Gorra. Para o venres 18 está prevista unha nova xornada de clown, malabares e diversión.