XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo ás obras de saneamento na Rochiña e Sarela de Abaixo
A Xunta de Goberno, en sesión ordinaria, adxudicou as obras de saneamento e bombeo de augas residuais en Sarela de Abaixo e na Rochiña (Son de Abaixo). Ademais, determinouse a empresa encargada do asesoramento e colaboración na inspección fiscal dos tributos do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
As confrarías preparan a Semana Santa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi coa nova directiva da Xunta de Confrarías.
CONSORCIO
O Consorcio inicia a restauración do edificio barroco da Casa do Cabildo
A Mesa de Contratación do Consorcio de Santiago adxudicou as obras de restauración do edificio barroco coñecido como Casa do Cabildo, por un importe de 797.207 euros, á empresa Diconsa, especializada en obras de rehabilitación. O prazo de execución é de 12 meses.
TURISMO
O Concello promociona o 800 aniversario da Catedral e a Cidade da Cultura en Fitur
Turismo de Santiago participará en Fitur promocionando a cidade como destino de calidade de referencia internacional. A delegación compostelá estará encabezada polo propio alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen estará en Madrid o venres 21, e polo concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España incorpórase como afiliado á Organización Mundial do Turismo
A Organización Mundial do Turismo aprobou a incorporación do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España como membro afiliado. Desta maneira, o Grupo súmase á principal institución internacional no campo do turismo, onde poderá debater cuestións de política turística, así como colaborar e aportar o seu coñecemento para seguir impulsando un turismo de calidade.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Nova visita á Cidade da Cultura promovida pola Concellería de Participación Cidadá
A Concellería de Participación Cidadá segue a organizar visitas guiadas á Cidade da Cultura, co obxectivo de dala a coñecer aos propios composteláns e contribuír así á súa posta en valor. A seguinte convocatoria está prevista para o domingo 16 de xaneiro, ás 12:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde non descarta un acordo con Ryanair para un cuarto voo a Bruxelas
Unha vez coñecido o acordo da Xunta coa compañía aérea Ryanair para conectar Santiago con Londres, Frankfurt e Milán, que o alcalde considerou "aceptable", non descartou que neste mesmo mes de xaneiro, se produza un acordo do Concello e dos axentes sociais da cidade para unha cuarta conexión con Bruxelas.
CULTURA
Chega a Sons da Diversidade Carmen Linares, a gran dama do flamenco
Nacida en Linares (Xaén), Carmen Linares é unha das voces máis delicadas e sofisticadas da música actual. Ela será a protagonista do terceiro concerto da tempada 2010-2011 do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura. A cita será o domingo 16 de xaneiro ás 21:00 horas e ás entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 20 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.
ALCALDÍA
O Colexio de Médicos estrea instalacións adaptadas ás novas tecnoloxías
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, inauguraron a nova sede compostelá do Colexio Oficial de Médicos da Coruña (San Pedro de Mezonzo, 39-41). A entidade investiu 600.000 euros na profunda remodelación das instalacións, adaptadas agora ás necesidades tecnolóxicas actuais e con novos espazos.
URBANISMO
Responsables de Urbanismo das grandes cidades debaten sobre as infraestruturas necesarias para a chegada do AVE
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, participou na Coruña nunha nova xuntanza do grupo de traballo que reúne de forma periódica aos responsables municipais nesta materia das sete grandes cidades galegas. Nesta ocasión falaron sobre as infraestruturas necesarias para a chegada do AVE a Galicia.