CENTROS SOCIOCULTURAIS
Centros Socioculturais e Ditea homenaxean ao director compostelán Agustín Magán
O alcalde, Ángel Currás, e o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiron ao acto de homenaxe ao actor e director teatral Agustín Magán (1918-1998) na sala que leva o seu nome no Centro Sociocultural de Santa Marta. Esta cerimonia forma parte da Semana Agustín Magán, que se celebra ata o 9 de novembro.
BENESTAR SOCIAL
A concelleira de Benestar Social reafirma o compromiso municipal co labor solidario do Banco de Alimentos Rías Altas
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitou as instalacións do Banco de Alimentos Rías Altas no Polígono do Tambre en compañía de José Pita responsable do Banco en Santiago e presidente da Federación Galega de Bancos de Alimentos, e de Carlos Tomé, tesoureiro da devandita Federación.
TRÁFICO
A posta en marcha do radar do túnel do Hórreo tradúcese nunha redución da velocidade media e en menos sancións
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, deu conta dos datos do primeiro mes de funcionamento do radar do túnel do Hórreo, activado o 5 de setembro. Destacou que este sistema de control redundou nunha diminución da velocidade media no paso inferior e tamén na redución do número de sancións, se ben aínda se seguen producindo infraccións.
TURISMO
Santiago promociónase na WTM de Londres
Turismo de Santiago está promocionando a cidade na World Travel Market, a feira turística máis importante do mercado británico, que ten lugar en Londres entre o 4 e o 7 de novembro. Nesta feira participan máis de 45.000 profesionais do sector, con máis de 2.500 xornalistas internacionais rexistrados. A concelleira de Turismo, Reyes Leis, e o persoal de Turismo de Santiago están mantendo numerosas reunións con diferentes profesionais do sector británico para continuar mellorando o posicionamento da cidade neste mercado.
ECONOMÍA
O Concello colabora con Em-Rede nun encontro para empresas na busca de novos clientes e dunha maior visibilidade
A asociación Em-Rede (Rede de Iniciativas Empresariais de Santiago e Comarca) organiza coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela + amigos + negocios, un encontro profesional onde as empresas participantes terán a posibilidade de ampliar a súa rede de contactos e mellorar a visibilidade do seu negocio.
CULTURA
Douscentos filmes e quince concertos na 27ª edición do festival Cineuropa
Un ano máis, Compostela convértese na capital do cinema en novembro coa chegada de Cineuropa. Este ano, na súa XXVII edición, Cineuropa ofrece 200 filmes en cinco salas da cidade: Teatro Principal, Salón Teatro, Auditorio de Galicia, Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia e CGAC. Será do 7 ao 29 de novembro e as proxeccións completaranse coa visita de moitos cineastas para presentar os seus filmes e quince concertos. Os premiados este ano serán José Sacristán, María de Medeiros e Albert Serra. Toda a...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Aberta nas Fontiñas a mostra "Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia"
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya inaugurou a exposición documental Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia, producida dende o Departamento de Centros Socioculturais para o programa Compostela Cine Classics 2013. Estará no CSC das Fontiñas ata o 30 de novembro.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago súmase aos actos de homenaxe a Segundo Hevia
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á presentación do acordo institucional que permitirá levar a cabo as actividades de homenaxe a Segundo Hevia. O Concello súmase así á Cámara de Comercio, ao Real Aeroclub, á Real Sociedade Económica de Amigos do País e á Fundación Novacaixagalicia para organizar unha serie de eventos que se iniciarán este mércores, 6 de novembro, coa apertura dunha exposición de 80 acuarelas do artista.
ALCALDÍA
O Concello e Turismo de Galicia rubrican un convenio para a adecuación do Camiño Francés no termo municipal
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal Turismo de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, achegará 50.000 euros para financiar os traballos de adecuación do Camiño Francés no termo municipal.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude pon en marcha "Compostela Actúa", programa de dinamización das artes escénicas e musicais
A Concellería de Xuventude pon en marcha un novo programa, Compostela Actúa, de dinamización das artes escénicas e musicais. Con esta iniciativa quere ofrecerse alternativas divertidas e formativas no ámbito da música e da escena, fomentando a creatividade dos mozos e mozas de Santiago.