CULTURA
The Last Minute Experience presenta o seu novo traballo, "Low cost generation", en Cineuropa Concerto
Logo da inauguración co concerto de Juan Perro, continúa o ciclo Cineuropa Concerto o martes 13 con The Last Minute Experience, que presentan o seu novo traballo, Low cost generation. Será a partir das 21:30 horas na Zona C de Bonaval nun concerto que tamén forma parte do ciclo Íntimo&Acústico. As entradas, a 6 euros anticipada e 8 o día do concerto, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta todos os días dende as 15:00 horas) ou na propia Zona C o día do concerto, a partir das 18:00 horas.
EMPREGO
Entrega de diplomas aos preto de 60 alumnos dos cursos con compromiso de contratación do hipermercado Carrefour
A concelleira de Emprego, Paula prado, xunto coa directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz, e os responsables de Carrefour, entregaron os diplomas aos preto de 60 alumnos e alumnas que participaron nos cursos con compromios de contratación do hipermercado Carrefour celebrados no CERSIA.
FESTAS
O arco luminoso conmemorativo do 50 aniversario da S.D. Compostela xa loce no Estadio de San Lázaro
A Concellería de Festas e Centros Socioculturais únese á celebración do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela. Así, o arco luminoso feito no seu día a propósito deste aniversario loce xa na entrada principal do estadio de San Lázaro.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizaron un paseo literario pola zona monumental
Froito do convenio de colaboración que manteñen o Concello de Santiago de a Asociación de Escritores en Lingua Galega, este outono ofrécense posibilidade de participar en dous paseos por Compostela guiados por cadanseu escritor desta cidade.
OPERACIÓN QUILO
Arranca unha nova Operación Quilo
Os concelleiros Francisco Noya e Adrián Varela asistiron á inauguración oficial das actividades do Centro Xuvenil Don Bosco e ao inicio da campaña solidaria "Un quilo, un sorriso".
URBANISMO
Un curso explica os procedementos da nova Ordenanza Reguladora da Inspección Técnica das Edificacións
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, e o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, inauguraron na sede do COAG o curso "Inspección Técnica de Edificios. Módulo I", que de imparte o 9 e o 10 de novembro.
ALCALDÍA
Docentes e investigadores en Historia da Medicina analizan en Santiago as claves futuras desta disciplina
O alcalde compostelán recibiu en Raxoi os participantes no XVII Simposio da Sociedade Española da Historia da Medicina, que se celebra na Facultade de Medicina os días 9 e 10 de novembro.
ALCALDÍA
O centro de formación da Fundación Laboral converterá Santiago nunha referencia estatal en rehabilitación urbana
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, exerceu de anfitrión na sinatura do convenio entre o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández; a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e o presidente do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral da Construción, Hipólito Trinidad Losada; para a execución dun centro de formación en rehabilitación.
BENESTAR SOCIAL
O colectivo Santiago(é)Noite entrega á Concellería de Benestar Social un vale de 1.000 euros para a Operación Cueiro
A concelleira de Benestar Social e Familia, Paula Prado, recibiu nas instalacións de Hostalería Compostela un vale cambiable por cueiros por valor de 1.000 euros. O presidente de Santiago(é)Noite, Jesús Peón; o membro deste colectivo de Hostalería Compostela, Juan García; e o presidente de Restauración da Asociación, Jesús Sordo, realizaron a entrega.
CULTURA
Babaluva inicia a sección Infantil e Familiar de Teatro&Danza con "Cama e Conto"
A programación do ciclo Teatro&Danza ten unha sección especial chamada Infantil e Familiar, que ofrece o seu primeiro espectáculo o sábado 10 na Zona "C". Trátase de Cama e Conto, de Gonzalo Moure, que pon en escena Babaluva en dúas sesión, ás 18:00 e ás 19:30 horas. As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta a partir das 18:00 horas) ou na propia Zona "C" antes do evento. O prezo de cada entrada é de 5 euros, pero existe unha entrada familiar de 4x3 co cal.../em>