ALCALDÍA

O alcalde salienta a "visibilidade mundial" que supuxo para o Camiño a súa declaración como Patrimonio da Humanidade

10/12/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Monte do Gozo ao acto de conmemoración do XX aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade. Na cerimonia, presidida polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e que contou coa presenza dos rexedores dos municipios polos que transcorre a ruta xacobea, descubriuse unha placa conmemorativa.

Ler máis

COMERCIO

O Concello convida a #nadalar a composteláns e visitantes durante estas festas

10/12/2013

Un ano máis, o Concello de Santiago deseñou un amplo programa de actividades para que tanto os habitantes coma os visitantes de Compostela gocen das vindeiras festas de Nadal. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou as actividades que, baixo o concepto #nadalamos, convidan a grandes e pequenos a vivir o Nadal na cidade, pero tamén a ilusionarse, compartir, felicitar, agasallar e sorprender. Todo iso e máis é #nadalar.

Ler máis

TURISMO

Entregados os premios de Santiago(é)Tapas

10/12/2013

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou na entrega de premios da VI edición do certame Santiago(é)Tapas, celebrado entre o 7 e o 24 de novembro e no que se serviron máis de 37.000 petiscos. Os seis galardóns foron repartidos nunha gala celebrada no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela.

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago aproba un orzamento de 9,7 millóns de euros para 2014

09/12/2013

O Consorcio de Santiago celebrou Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas presididas polo alcalde e presidente do Consorcio, Ángel Currás. Entre os temas abordados na orde do día, o principal foi a aprobación do orzamento do organismo para o ano 2014, que ascende a 9.717.471,05 euros. A aportación da Administración Xeral do Estado é de 4.795.150 €, o Concello de Santiago achega 1.361.295,28 € e a Xunta de Galicia 3.284.413 €.

Ler máis
Compartir: