CULTURA
Cineuropa estrea "Liste, pronunciado Lister", primeira longametraxe de Margarita Ledo
A edición número XXI de Cineuropa vén cargada de estreas dos mellores filmes da actualidade. Así, o venres día 9, o Teatro Principal acolle a presentación da primeira longametraxe de Margarita Ledo, Liste, pronunciado Lister. O filme é a visión da realizadora galega sobre o líder comunista nacido en Calo e erixido nunha das figuras míticas da Guerra Civil.
ALCALDÍA
O alcalde recibe un premio que recoñece o seu apoio aos mercados municipais
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu a benvida aos participantes do V Encontro Nacional de Mercados Municipais Minoristas, organizado pola Empresa Nacional MERCASA e a Federación española de Municipios e Provincias (FEMP). Logo pola noite, recibiu un premio en recoñecemento ao seu apoio a este tipo de mercados. O encontro celébrase o luns 29 e o martes 30.
UMAD
A UMAD pon en marcha programas de prevención de drogodependencias
A Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD) porá en marcha dous programas de prevención de drogodependencias, unha vez adxudicada a súa realización pola Xunta de Goberno. Trátase do Programa de información e formación en prevención de drogodependencias e do Programa de prevención de drogodependencias a través do adestramento en habilidades sociais.
REHABILITACIÓN
Máis actuacións de rehabilitación en Vista Alegre e no Casco Histórico
O Goberno local aprobou as memorias-programa das actuacións nas áreas de rehabilitación integral do Centro Histórico e de Vista Alegre. Esta memorias son un requisito previo á sinatura dos convenios para a realización das máis de 70 actuacións previstas.
DEPORTES
A Concellería de Deportes repartirá máis de 300.000 euros entre 104 entidades
O Goberno municipal aprobou a resolución da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2007. En total, repartiranse 227.469 euros entre 48 entidades deportivas locais.
ZONA HISTÓRICA
O Goberno local autoriza o uso da vía pública pola rampla da SGAE
A proposta da concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García, a Xunta de Goberno autorizou á Sociedade General de Autores e Editores (SGAE) a ocupación de 14 metros cadrados de superficie da rúa Salvadas, 0,75 metros lonxitudinais, coa rampla-escaleira de acceso ao edificio. A eficacia desta autorización queda condicionada á legalización urbanística das modificacións efectuadas pola SGAE sobre a obra proxectada.
PERSOAL
O Concello inicia os trámites para contratar o servizo de limpeza nas dependencias municipais
A Xunta de Goberno aprobou os pregos e o inicio urxente do expediente de contratación do Servizo de Limpeza nos edificios e dependencias do Concello de Santiago. O tipo de licitación fixado é de 875.756 euros.
BENESTAR SOCIAL
O Concello emprende dúas iniciativas para promover a integración para poboación inmigrante
A Xunta de Goberno deu conta da concesión de axudas para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria.
CULTURA
A Real Filharmonía de Galicia retoma os seus concertos didácticos no Auditorio
Os días 30 e 31 de outubro, a Real Filharmonía de Galicia volve ofrecer os seus concertos didácticos no Auditorio como unha forma diferente de achegar a música clásica aos máis pequenos da cidade e da bisbarra. "Pedro e o lobo", de Prokofiev, é unha peza na que diferentes instrumentos da orquestra representan os distintos personaxes do conto infantil á vez que resaltan as palabras do narrador.
CONSORCIO
Continúa o ciclo Música na Compañía coas formacións de cámara da Real Filharmonía
O ciclo Música na Compañía permite ao público compostelán gozar da música da orquestra a través dos seus solistas, que para a ocasión agrúpanse en cuartetos e quintetos e interpretan un variado repertorio de música de cámara.