PLENO
Visto bo definitivo á reserva para residentes do 30% das prazas de aparcamento
O Pleno municipal aprobou por unanimidade a nova Ordenanza reguladora do aparcamento no Concello de Santiago. A norma regula a ORA e os diferentes réximes para a súa correcta utilización, incluíndo a reserva de prazas para os residentes, que se establece nun mínimo do 30%.
CONDENA
A Corporación condena o atentado contra o catedrático e articulista Roberto Blanco Valdés
O Goberno Municipal de Santiago de Compostela condena rotundamente o atentado sufrido por Roberto Blanco Valdés e amosa a súa solidariedade con el. Así mesmo, solicita da Delegación do Goberno e das Forzas de Seguridade do Estado o inmediato esclarecemento e detención dos responsables.
PLENO
O Concello manifesta a súa disposición a colaborar con todas as institucións en prol do éxito do Xacobeo 2010
A Corporación municipal aprobou por unanimidade unha declaración na que manifesta "o seu interese e desexo porque a celebración do Ano Santo Xubilar 2010 sexa un éxito e, polo tanto, a súa disposición a colaborar con todas as institucións públicas para lograr este obxectivo".
PLENO
Dada conta ao Pleno da prórroga orzamentaria e da retención de gasto de 3,5 millóns de euros
Nunha comparecencia a petición propia, a concelleira de Facenda, Rosa Fernández Somoza, explicou ao Pleno o decreto de prórroga orzamentaria asinado o 31 de decembro. No mesmo procédese con carácter cautelar a unha retención de gasto por importe aproximado de 3.500.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde participará na Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que aprobará un orzamento para 2010 de 3,6 millóns de euros
A cidade portuguesa de Chaves acollerá mañá xoves a XV Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que aprobará a programación e os presupostos para 2010, que ascenden a 3,6 millóns de euros. Este ano producirase a transformación da entidade na nova figura xurídica, Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT). Esta figura, promovida pola Comisión Europea, permitirá a xestión de fondos en varios países, coa aplicación da normativa dun deles.
TURISMO
Santiago lidera os grupos das Cidades Patrimonio e da España Verde con máis dun millón de pernoctacións en 2009
O número de pernoctacións en Santiago en 2009 foi de 1.191.928, fronte ás 1.221.502 de 2008, o que supón un crecemento do 6,28%, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Con estas cifras, SAntiago é a cidade con maior número de pernoctacións dos grupos de Cidades Patrimonio e da España Verde.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán avoga por un pacto político polo prezo da auga
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na xornada aberta ¿Pagamos o que vale a auga?, organizada pola Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento (AEAS). Bugallo explicou o caso compostelán na mesa redonda arredor da "Evolución dos Servizos da Auga", dende as orixes do sistema de fontes e subministro compostelán, no século XVIII, ata os nosos días.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba outros 27 proxectos do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local
A Xunta de Goberno aprobou 27 proxectos que serán financiados a cargo do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local e que remitirán ao Ministerio de Política Territorial con tal fin. Estas actuacións únense ás dez aprobadas na anterior reunión do Goberno local.
ALCALDÍA
O alcalde participa en Madrid nunha mesa redonda no marco da xornada "¿Pagamos o que vale a auga?"
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, participará mañá mércores na xornada aberta ¿Pagamos o que vale a auga?, que se celebrará no Hotel Meliá Castilla, en Madrid, organizada pola Asociación Española de Abastecementos de Auga e Saneamento (AEAS). En concreto, tomará parte nunha mesa redonda en torno á "Evolución dos Servizos da Auga", na que explicará o caso compostelán.
CONSORCIO
Ros Marbà, finalista nos Premios da Música polo disco dedicado a Mompou
O director titular da Real Filharmonía de Galicia, Ros Marbà, é un dos tres finalistas na sección "Mellor intérprete de música clásica" dos Premios da Música. A nominación vén polo traballo gravado pola orquestra dedicado a Frederic Monpou, un dos compositores españois máis universais, vinculado especialmente a Santiago pola súa presenza nos cursos de Música en Compostela.