FESTAS
Os Reis Magos volveron ás rúas de Compostela para saudar a milleiros de nenos e nenas
Despois de dous anos de pandemia nos que as Súas Maxestades só puideron recibir as cartas dos nenos e nenas de Compostela en estático e detrás dun biombo por mor das medidas anticovid, neste 2023 Melchor, Gaspar e Baltaser volveron facer o percorrido habitual polas rúas da cidade para delicia dos máis cativos.
ALCALDÍA
O Concello recorda con sendas ofrendas florais as figuras de Valle-Inclán e Isaac Díaz Pardo
O cemiterio de Boisaca acolleu hoxe as ofrendas florais ao escritor e dramaturgo Ramón María del Valle Inclán e ao polifacético galeguista Isaac Díaz Pardo. Os dous faleceron un 5 de xaneiro; O primeiro, do ano 1936 e o segundo, de 2012. Ao acto asistiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; os voceiros dos grupos municipais José Antonio Constenla, do PP; María Rozas, de CA; e Goretti Sanmartín, do...
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Paul Daniel, que dirixirá hoxe a Real Filharmonía no tradicional concerto de Reis
Paul Daniel dirixirá hoxe, xa como director convidado, a Real Filharmonía de Galicia no tradicional concerto de Reis que terá lugar ás 21.00 horas no Auditorio. Antes, quixo despedirse do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, no Pazo de Raxoi.
MEDIO RURAL
O concelleiro de Medio Rural visita as cativadas de Nadal que se desenvolveron do 23 ao 5 de xaneiro en tres centros socioculturais da zona rural
O programa posibilitou a conciliación para as familias das parroquias nestas datas tan especiais, nas que a rapazada desfrutou con actividades plásticas, deportivas e culturais con temática navideña.