POLÍTICAS SOCIAIS

Máis de 450 peregrinos con discapacidade intelectual percorrerán 7 das rutas oficiais do Camiño de Santiago

21/06/2022

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, acompañado polo deputado da Área de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón; o director do Plan Xacobeo, Ildefonso de la Campa; e o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández Pérez, presentaron esta mañá o programa de actividades da Peregrinación Xacobea de Special Olympics Galicia que se desenvolverá entre o 27 de xuño e o 3 de xullo a través dos sete Camiños...

Ler máis

TURISMO

O Tren Cacharelo volve a percorrer a cidade este xoves co Festival de San Xoán

21/06/2022

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou unha nova edición do Festival de San Xoán, acompañado pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. O Festival, organizado pola entidade de promoción turística do Concello, terá lugar a partir das 17:00 h do xoves 23 de xuño na praza de Mazarelos tras dous anos de parón e contará con actividades para todos os públicos.

Ler máis

IGUALDADE

A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola dúas mulleres asasinadas onte en Madrid, vítimas de violencia machista

21/06/2022

Membros da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e...

Ler máis
Compartir: