MOCIDADE
Ábrese o prazo para inscribirse en Compostela Natural e no roteiro polas marxes do Sarela e o Monte Pedroso, dous obradoiros gratuitos destinados á mocidade
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, presentou hoxe dúas actividades dirixidas á xuventude de entre 15 e 35 anos: "Compostela Natural", e un roteiro medioambiental polas marxes do Sarela e o Monte Pedroso. Son gratuitas e teñen como obxectivo dar a coñecer e difundir o patrimonio natural, etnolóxico e cultural de distintos parques e espazos emblemáticos de Compostela. Estes dous obradoiros están organizados polo concello de Santiago, en colaboración con Ribeirán Proxectos Naturais e con Garatuxa Tempolibre.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local realizou 826 probas de alcol e drogas a pasada semana, cun resultado de 22 positivos
Durante a pasada semana, do 16 ao 22 de xuño, a Policía Local adheriuse á campaña de vixilancia e control da taxa de alcol e outras drogas promovida pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT). Os/as axentes realizaron 826 probas, cun resultado final de 22 positivos.