POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Regueipremios do Enreguéifate 2021
Malia continuar nun ano golpeado pola pandemia e as restricións pertinentes, o Enreguéifate recibiu 42 vídeos durante o prazo de participación.
TURISMO
Santiago de Compostela premia de novo con visitas guiadas pola cidade
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou hoxe a segunda edición de Santiago Prémiate acompañado pola Xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o presidente da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, Tommi Alvarellos. A inicitiava é posible grazas á colaboración entre Turismo de Santiago e a Asociación de Guías.
ALCALDÍA
O Concello prevé atender as 525 solicitudes presentadas á convocatoria de axudas ao sector comercial
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un novo encontro coas principais asociacións de comerciantes da cidade (Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, Ourives de Compostela e Asociación de Comercios de Área Central) para seguir falando sobre as axudas previstas para o sector ao abeiro do PRESS, o Plan para a Reactivación Económica e Social de Santiago. No que respecta ás axudas directas, presentáronse 525 solicitudes.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Valladolid, vítima da violencia machista.
EDUCACIÓN
Publicadas a listaxe definitiva de admisión na Escola de Música e a provisional para o programa English Summer School
O departamento de Educación vén de facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2021/22, así como as provisionais para o programa English Summer School.