POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello achega máis de 40.000 euros a cinco entidades sociais da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asinou esta mañá os convenios de colaboración con ACEM, ASPAS, Sarela, Itínera e Fonte da Virxe por importe de 43.414,23 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de centros socioculturais programa 157 actividades para a nova tempada 2020-2021
A rede de centros socioculturais do concello de Santiago programou, para esta nova tempada 2020/2021, 157 actividades, con 1.385 prazas ofertadas, a maiores das deseñadas para as aulas de xogo e de lectura, a través de 10 programacións específicas que se desenvolverán en distintos centros dos barrios e do rural.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo considera as novas restricións razoables e comprensibles e chama á responsabilidade de todos no seu cumprimento
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, valorou esta mañá as novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para a cidade, unha vez publicadas no DOG. O rexedor entende que son "medidas preventivas" non tanto provocadas pola situación actual no municipio senón para conter os abrochos e afrontar en mellor estado o último trimestre do ano porque "se se producise un deterioro significativo teríamos que tomar medidas máis restrictivas".