EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As obras de mantemento nos colexios estarán rematadas para o comezo do curso escolar
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá os CEIPs Fontiñas e Pío XII, dous dos colexios da cidade nos que se executaron obras de mantemento durante as vacacións de verán. En total, estanse a investir preto de 400.000 euros nos trece CEIPs, tres escolas unitarias e seis escolas infantís de Compostela. O edil explicou que todas as actuacións que afectan ao funcionamento dos centros estarán rematadas o 11 de setembro, día de inicio do novo curso escolar.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ábrese a quenda de setembro do Programa de Conciliación de Verán
O Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2017 inicia a nova quenda o día 1 de setembro. Nos CEIPs Raíña Fabiola e As Fontiñas haberá diversas actividades para os nenos e nenas os días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro.