TURISMO
Easyjet promociona as súas conexións en Santiago de Compostela regalando dez billetes de avión o próximo mércores
Turismo de Santiago colabora con Easyjet na promoción das súas conexións internacionais no aeroporto da cidade mediante a Easyjet Experience, que agasallará con dez billetes de avión aos seus seguidores nas redes sociais. Easyjet conta actualmente con tres conexións directas, Londres, Xenebra e Basilea. O 8 de xuño estreará unha nova ruta a Roma.
ALCALDÍA
I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple
O Campus universitario e a Alameda acolleron este domingo a I Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM). O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, deu a saída á proba. Logo, a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, presidiu a cerimonia de entrega de premios.
ALCALDÍA
Celebrado en San Lázaro e no Monte do Gozo o Campionato de España de Enduro
Santiago de Compostela acolleu esta fin de semana a terceira proba do Campionato de España de Enduro. A competición contou coa participación duns 180 pilotos, que durante o sábado e o domingo realizaron diversas especiais nos circuítos habilitados nas inmediacións do Estadio de San Lázaro e no Monte do Gozo.