PLENO
O Pleno municipal ratifica créditos adicionais por preto de 2,5 millóns de euros para pavimentación de vías públicas e novos proxectos comerciais, turísticos e culturais
A Corporación celebrou un pleno extraordinario no que se deu conta da liquidación do orzamento de 2014, que reflicte un superávit de case 1,9 millóns de euros. Esta cantidade, sumada ao aforro de 1,2 millóns de euros polo refinanciamento do crédito ICO solicitado en 2012 e ás baixas nas adxudicacións dalgúns proxectos, permitirá habilitar créditos por 3,1 millóns de euros, parte dos cales se destinarán a un novo contrato de pavimentación e a novos proxectos comerciais, turísticos e...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello pon a disposición da Xunta o terreo para a ampliación do CEIP de Roxos
A Xunta de Goberno acordou poñer a disposición da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria un terreo de 3.226 metros cadrados na parroquia de Villestro, lindando co CEIP de Roxos, para a ampliación das súas instalacións grazas á construción de novas aulas e áreas de servizos.
XUNTA DE GOBERNO
Doce espectáculos do programa "Ler conta moito" nos centros socioculturais de Conxo, Vite, Santa Marta e Fontiñas
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno deuse conta das actividades concedidas pola Secretaría Xeral de Cultura dentro do programa Ler conta moito, orientado á dinamización da lectura para as bibliotecas integradas na Rede Pública de Bibliotecas de Galicia.
XUNTA DE GOBERNO
Concello e Colexio de Avogados renovarán o servizo para promover acordos na renovación de alugueres de locais comerciais
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a sinatura dun novo convenio do Concello co Colexio de Avogados de Santiago para renovar o servizo de mediación a través desta entidade, dirixido a comerciantes e propietarios para intentar acadar acordos na renovación dos seus contratos de aluguer. A Xunta de Goberno acordou dedicar 30.000 euros ao servizo durante este exercicio, dando continuidade a convenio no pasado mes de novembro por un importe de 5.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno municipal solicita autorización para repoñer catro prazas da Policía Local
A Xunta de Goberno acordou solicitar a reposición das catro prazas vacantes na Policía Local ante o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. As mesmas están incluídas nas 30 prazas de oferta de emprego público municipal para o ano 2015.
CULTURA
Teatro, música e un espectáculo infantil de danza no programa cultural da fin de semana
Dentro da programación cultural desta fin de semana teremos catro propostas, dúas sábado e dúas domingo, de teatro, danza, música e un espectáculo familiar. Na xornada do sábado, a compañía Entremáns presenta ás 18:30 horas, no Teatro Principal, Xoga, un espectáculo de danza dirixido aos máis pequenos da casa enmarcado dentro do ciclo de Danza e do Infantil & Familiar. Xa ás 20:30 horas e na Zona C teremos, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, a segunda parte da...