CULTURA
"Velada (didáctica) cas vangardas" dentro das Xornadas de Música Contemporánea
Tras a inauguración das Xornadas de Música Contemporánea este venres, cun concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jonathan Webb no Auditorio de Galicia, a música contemporánea achegarase á rúa este sábado 4 de outubro nunha xornada especial chea de música que comezará e rematará na praza das Praterías. Trátase dunha singular, variada e escenográfica proposta na que participan unha representativa parte dunha activa e decidida xeración de músicos e...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello iniciará a finais de novembro a demolición da Casa da Xuventude
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a aprobación pola Xunta de Goberno do proxecto de demolición da Casa da Xuventude situada na praza do Matadoiro, cun orzamento de execución de 165.076 euros. O procedemento de contratación iniciarase a vindeira semana e as obras demolición comezarán a finais do mes de novembro. Este derrubo será completado coa reurbanización da parcela, aspecto no que xa están traballando os servizos municipais.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o reparto de máis de 59.000 euros entre 38 asociacións veciñais
A Xunta de Goberno aprobou o resultado da convocatoria 2014 de subvencións a asociacións veciñais para os seus programas e actividades. Repartiranse 59.133 euros entre 38 asociacións veciñais (adxúntase cadro), que recibirán cantidades que oscilan entre os 1.900 euros da subvención máxima ata os 633 da de menor contía, segundo a puntuación outorgada pola comisión avaliadora.
ALCALDÍA
As Xornadas de Celebración do Día Mundial da Parálise Cerebral reunen en Santiago a 400 profesionais, familiares e especialistas
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Razoi a membros da Confederación ASPACE (Asociacións de Atención a Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns) e ASPACE Galicia, organizadores da Xornadas do Día Mundial da Parálise cerebral, que se celebran en Santiago o 3 e o 4 de outubro.
ALCALDÍA
O Concello reestablece o alumeado público na rúa Blanco Amor e na avenida de San Caetano
Despois de que o Xulgado número 2 de Santiago autorizase esta mañá a intervención no cadro eléctrico que dá luz ás rúas Blanco Amor e avenida de San Caetano, a empresa concesionaria do mantemento eléctrico municipal procedeu a realizar os traballos necesarios para restablecer a iluminación nas rúas afectadas de forma inmediata.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile"
Comeza o mes de outubro con novas citas do programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polos departamentos de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais.
XUNTA DE GOBERNO
Achega municipal de 45.000 euros para o Obradoiro e de 30.000 euros para o Club Ciclista Compostelán
A Xunta de Goberno tamén aprobou convenios de colaboración con dúas entidades deportivas da cidade: o Obradoiro Club Amigos de Baloncesto SAD e o Club Ciclista Compostelán. Estas dúas axudas suman 75.000 euros e faranse efectivas mediante a sinatura dos respectivos convenios.
CULTURA
Arranca a programación de Curtocircuíto
Este luns comeza a programación do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. A xornada estará marcada pola presentación da carta branca do Cineclub de Compostela, polo inicio da sección oficial e por un Teatro Principal cheo de rapaces nas sesións infantís da mañá.
CONSORCIO
O Consorcio participa nun programa europeo destinado a mellorar a eficiencia enerxética en edificios e conxuntos históricos
O Consorcio de Santiago participa no Programa Effesus, un dos principais proxectos de investigación da Unión Europea centrados na cidade, a rehabilitación e a enerxía. No marco desta iniciativa, o arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio Ángel Panero, responsable científico do proxecto, asistiu ao longo desta semana a varias reunións de traballo celebradas nas cidades escocesas de Glasgow e Edimburgo, organizadas pola axencia de patrimonio do goberno escocés, un dos socios implicados no programa.
ALCALDÍA
O alcalde escoitou as demandas das parroquias do rural compostelán
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu á asemblea da Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago (FERUSA), celebrada no Centro Sociocultural de Villestro.