ALCALDÍA
Conmemoración en Bonaval dos 150 anos do primeiro colexio de xordos
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiron no Museo do Pobo Galego ao acto de descubrimento da placa conmemorativa do 150 aniversario da fundación do primeiro colexio de persoas xordas de Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde afirma que o Museo de Historia Natural permitirá apreciar a mellor colección do patrimonio histórico científico de Galicia
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, asistiu á inauguración do Museo de Historia Natural da USC "Luis Iglesias". As novas instalacións, deseñadas polo arquitecto César Portela, son xestionadas pola Universidade tras ser cedidas polo Consorcio de Santiago, encargado da súa construción. Este centro é o continuador do Gabinete de Historia Natural creado na USC en 1840 e conserva moitas coleccións do século XIX, o que o converte nun proxecto científico único.
REFUXIO DE ANIMAIS
O Concello iniciará unha campaña en parques e centros socioculturais para fomentar a adopción e acollida de animais
A concelleira de Desenvolvemento Urbano e Sostible, Teresa Gutiérrez, anunciou que a partir do vindeiro mes de novembro comezará unha campaña de concienciación da sociedade cun plan de actividades nos parques e centros socioculturais para fomentar a adopción e acollida de animais.