CULTURA
Idan Raichel presenta o seu proxecto musical por primeira vez en Galicia dentro de Sons
O ciclo Sons 2012 trae a Compostela a The Idan Raichel Project. É dentro da xira do cantante israelí do momento, Idan Raichel, que fai unha proposta de "amor e tolerancia" que revolucionou a banda sonora dunha rexión tristemente castigada polo conflito. No concerto, Raichel estará acompañado no escenario pola artista de orixe palestino Najla Shami, que interpretará algunha canción do último disco do artista israelí. As entradas para o concerto poden mercarse en Novagaliciabanco ou na billeteira do Teatro Principal a un...
ECONOMÍA
O Cersia acolle a presentación do Programa de Loita contra a Morosidade nas Comunidades de Propietarios
O Colexio Profesional de Administradores de Fincas de Galicia presentará o venres 10 de febreiro o Programa de Loita contra a Morosidade nas Comunidades de Propietarios, unha iniciativa que busca previr e reducir o incremento da morosidade rexistrada nas comunidades de propietarios galegas nos últimos dous anos, que se cifra en máis de 250 millóns de euros. A presentación terá lugar no CERSIA Empresa, edificio municipal para a dinamización económica da cidade.
PARQUES E XARDÍNS
O Concello reactiva como xefe de fila o proxecto ParkAtlantic, que xa ten web
A concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao, presentou no Cersia a páxina web do proxecto europeo ParkAtlantic, no marco dunha xornada de traballo sobre a comunicación desenvolvida en Santiago. Este novo instrumento de comunicación é unha das medidas adoptadas para reactivar este programa, no que Santiago de Compostela é xefe de fila e no que tamén participan as cidades francesas de Angers e Pau (esta por medio da Communauté d'agglomération...
CULTURA
Corizonas fai a súa presentación en Santiago dentro do Compostela Rock
Corizonas son os próximos convidados do ciclo Compostela Rock e chegan a Compostela o venres 10 de febreiro nun concerto no que se presenta a nova banda en Galicia. Ofrecerán en directo os temas do seu novo disco The News Today.
XUVENTUDE
Os locais de ensaio de San Lázaro contarán cun servizo de xestión e asesoramento
A Concellería de Xuventude contratou un servizo de xestión das salas de ensaio para novos grupos musicais de San Lázaro. Este servizo garantirá o correcto uso dos equipamentos e manterá un contacto directo cos usuarios dos locais, orientándoos na súa formación musical.
ALCALDÍA
O Concello acometerá obras de saneamento en dúas rúas do barrio de Meixonfrío
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa Asociación de Veciños Casa Agraria de Meixonfrío. Asistitron tamén os concelleiros de Participación Cidada, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente.