EDUCACIÓN
Festa de clausura de Nadalxogo 2011
O programa de conciliación Nadalxogo 2011 concluíu cunha festa especial no pavillón polideportivo do CEIP Pío XII. A esta celebración asistiron todos os nenos e nenas que participaron ao longo destas vacacións de Nadal no programa, realizado nos CEIP de As Fontiñas, Ramón Cabanillas e Pío XII.
BENESTAR SOCIAL
Máis de 200 rapaces recibirán xoguetes grazas á campaña "Compar-T un xoguete"
A campaña Compar-T un xoguete, posta en marcha polo Equipo de Dinamización Social do programa Urbana Santiago Norte, permitirá repartir, ao longo da xornada do 4 de xaneiro un total de 720 xoguetes, grazas á colaboración desinteresada de particulares e diferentes entidades.
NADAL
Os Reis Magos chegarán a Compostela en tren e cargados de caramelos
A carteira real deste ano, a concelleira María Pardo, anunciou a visita dos Reis Magos, que un ano máis chegarán a Santiago en tren. As Súas Maxestades realizarán a tradicional Cabalgata polas rúas de Compostela, repartirán case tres toneladas de caramelos sen glute e atenderán a todos os nenos e nenas.
NADAL
Un veciño de Mallou e a Asociación de Veciños Brañas de Andrés gañan o I Concurso de Beléns "Compostrela"
O xurado do I Concurso de Beléns e do I Concurso de Ambientación Navideña deu a coñecer os gañadores de ambos certames. As concelleira de Comercio, Reyes Leis, e de Urbanismo, María Pardo, anunciaron os seus nomes nunha rolda de prensa tras a reunión do xurado, do que formou parte o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Remata o programa "Vive o Nadal"
O programa Vive o Nadal, realizado na Rede de Centros Socioculturais, chega ao seu fin. Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Medio Rural, Luis Bello, participaron nunha das últimas actividades, unha sesión de Scalextric desenvolvida no CSC "Aurelio Aguirre" de Conxo.