NADAL
Satisfacción do Goberno municipal polo éxito das actividades do Nadal
Os concelleiros María Pardo, Francisco Noya e Reyes Leis compareceron en rolda de prensa para facer balance das actividades do Nadal. En termos xerais, declaráronse moi satisfeitos polo éxito e acollida de público das diferentes actividades. E cara a seguinte edición, anunciaron a vontade de seguir mellorando e incorporando novas actividades, como os programas de conciliación no rural, un máis amplo mercado de Nadal ou un concurso de panxoliñas, entre outros.
BENESTAR SOCIAL
Vinte e dous mozos en situación de risco social melloran a súa capacitación laboral grazas aos cursos da UMAD
A concelleira de Benestar Social, Paula Prado, presentou varios curso de prevención que está a realizar a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Trátase de catro obradoiros de mellora da comunicación entre pais e nais e doutros de capacitación laboral, neste caso destinados a mozos e mozas en situación de conflito.
CULTURA
The Answer inaugura o Compostela Rock
Compostela Rock, nova aposta da Concellaría de Cultura, inaugurase o sábado 14 de xaneiro cos irlandeses The Answer, na Sala Capitol ás 21:30 horas. A banda, elixida por AC/DC como teloneiros na súa última xira mundial, chega a Compostela para dar o único concerto en Galicia, logo de estar en Madrid, Barcelona e Bilbao, e presentar o seu novo disco, Revival.