CULTURA
A música e a palabra solidarias volven ao Principal na VI edición de "Implícate"
A organización non gobernamental galega Implicadas no Desenvolvemento organiza unha nova edición de Implícate, noite de música e palabra solidarias. O Teatro Principal acolle o domingo 9 de xaneiro, ás 20.30 horas, a sexta edición deste festival, no que creadoras e creadores dos campos da música, a literatura, o teatro, a danza e o circo ligan cooperación internacional e cultura galega e axudan dende o escenario a transmitir a mensaxe solidaria de Implicadas.
FESTAS
Unha comitiva de sete carrozas, un tren de fantasía e Bob Esponja acompañarán aos Reis Magos na súa cabalgata por Santiago
O concelleiro de Xuventude e Festas, Xosé Baqueiro, presentou en rolda de prensa a Cabalgata de Reis, que se celebrará, como é habitual, durante a tarde do mércores 5 de xaneiro.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece o seu tradicional Concerto de Reis
Como todas as temporadas, a Real Filharmonía de Galicia inicia o ano novo co seu tradicional Concerto de Reis, un recital especial para un serán particular como é a véspera do día de Reis. Será o mércores 5, á partir das 22:00 horas, no Auditorio de Galicia.
CULTURA
Todo Lírica clausura o seu 10º aniversario coa actuación da soprano Sabina Puértolas
Chega ao seu remate a décima edición de Todo Lírica, un proxecto creado hai dez anos pola Concellaría de Cultura de Santiago e a Asociación Galega da Lírica, e que un ano máis, como dende a súa primeira edición -baixo o nome de Festival de Zarzuela de Santiago-, deu exitosos froitos artísticos e de público.