ALCALDÍA
O Concello preséntalle á Universidade de Santiago a proposta de convenio para impulsar a nova Facultade de Medicina
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha xuntanza co reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, para falar da futura nova sede desta última. Da reunión, indicou Sánchez Bugallo, extráese unha "plena coincidencia de criterios" no apoio a Medicina e á construción do edificio educativo.
MEDIO AMBIENTE
As zonas verdes de Compostela quedan conectadas a través dos sendeiros do Itinerario Verde Urbano
"O Itinerario Verde Urbano resulta da conexión e sinalización dos distintos sendeiros dos parques, formando con eles roteiros circulares de 16, 18 e 21 quilómetros de lonxitude a través dos distintos parques urbanos". Con estas palabras describiu a concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, a iniciativa levada adiante dende o Departamento de Parques e Xardíns do Concello.
TURISMO
Santiago e Tanabe promocionan xuntos en Fitur os Camiños de Santiago e de Kumano
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias; o director da Oficina de Promoción Turística de Xapón en París, Koichi Miyazawa; e o responsable da Oficina de Promoción Turística de Tanabe, Brad Towle, farán unha presentación conxunta en Fitur dos camiños de Santiago e de Kumano Kodo, que son as dúas únicas rutas de peregrinaxe declaradas Patrimonio da Humanidade.
EDUCACIÓN
Os responsables educativos das sete grandes cidades reiteran a urxencia dunha reunión co conselleiro de Educación
Convocados polos Concellos de Vigo e Santiago, concelleiros e técnicos de Educación das cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra celebraron en Ourense a IV xuntanza do Grupo de Traballo sobre Concellos e Educación. Dábase así continuidade ás reunións mantidas anteriormente en Santiago, Vigo e Lugo.