MEDIO AMBIENTE
Adxudicada a última fase do proxecto de saneamento da conca do Aríns
A Xunta de Goberno adxudicou as obras da terceira e última fase da rede de colectores da conca do río Aríns. Un investimento de 150.000 euros permitirá completar a rede con 900 metros de colectores secundarios.
SERVIZOS
O Concello reforza o servizo de limpeza diaria durante o Ano Xacobeo
Do 1 de abril ao 8 de novembro reforzarase o servizo de limpeza diaria da cidade para atender o incremento de visitantes neste período. Así se acordou na Xunta de Goberno, de tal xeito que a empresa concesionaria, Urbaser, operará nestes meses centrais do Ano Santo con dúas brigadas máis.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba novas contratacións no marco do FES 2010 e do Urbana Santiago Norte
Entre outros acordos, a Xunta de Goberno procedeu ao inicio de varios procesos de contratación en actuacións incluídas no Programa Urbana Santiago Norte e no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local e. Trátase, respectivamente, do novo centro sociocultural do Romaño e do servizo de acceso WIFI en diferentes espazos públicos.
CONSORCIO
O Consorcio publica o mellor estudo da obra do arquitecto Fernando de Casas en Santiago
A tese sobre a obra arquitectónica de Fernando de Casas en Compostela coa que Alberto Fernández doutorouse pola Universidade de Santiago é o xerme do libro que presentaron o Consorcio de Santiago e Nigratrea. Fernando de Casas. Arquitecto en Compostela é o principal estudo escrito ata agora sobre a actividade artística deste xenial arquitecto na cidade de Santiago, onde desenvolveu o groso da súa obra.
EDUCACIÓN
Continúan as actividades de Semana Santa no Centro de Interpretación do Medio Rural
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou os rapaces e rapazas que están a participar no programa de conciliación familiar preparado para esta Semana Santa. Os escolares interveñen en diversos obradoiros e actividades didácticas, que continuarán ata o 3 de abril.