CULTURA
Odaiko Percussion Group presenta o seu novo traballo no Teatro Principal
O venres 26, ás 21:30 horas, no Teatro Principal, Odaiko Percussion Group presenta o seu novo traballo, Galician on Board. Segundo explicou a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, o espectáculo forma parte da iniciativa de "ceder espazos para facilitar a presentación de últimos traballos", como é o caso do de Odaiko.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Rematan o Camiño de Santiago preto de 400 alumnos do IES Séneca de Córdoba no marco do programa Ruta Xacobea 2010
Despois de percorrer uns 120 quilómetros de diferentes tramos do Camiño de Santiago, chegaron á súa meta preto de 400 alumnos de entre 12 e 18 anos do IES Séneca de Córdoba, acompañados por docentes e pais. Esta expedición enmárcase no proxecto Ruta Xacobea 2010, posto en marcha pola Delegación de Educación da Junta de Andalucía.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Visita dunha delegación china para preparar o III Foro de Reitores Hispano-Chino
Os días 12 e 13 de abril celebrarase en Santiago o III Foro de Reitores Hispano-Chino. Para preparar este encontro, está na cidade unha delegación chinesa, que foi recibida en Raxoi polos concelleiros de Educación, Mercedes Rosón, e de Relacións Institucionais, Andrés Fariña.
PLENO
Entre 2009 e 2010 realizáranse 12 obras de rexeneración urbana na Cidade Histórica
A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, compareceu a petición propia no Pleno do Concello. A edil fixo referencia ás obras e traballos de reurbanización que se están a desenvolver en diferentes ámbitos da zona vella de Compostela.
PLENO
Aprobado inicialmente o regulamento do Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia
O Pleno municipal aprobou inicialmente por unanimidade o regulamento de funcionamento do Servizo de Atención Domiciliaria e Comunitaria á Infancia. O obxectivo do cambio na norma existente ata agora é ampliar a atención domiciliaria a aquelas unidades de convivencia que presentan especiais dificultades na atención dos menores ao seu cargo.