ALCALDÍA
Sánchez Bugallo promociona Santiago e o Xacobeo en Bruxelas coincidindo cos 25 anos das capitais europeas da cultura
Aproveitando a celebración do 25 aniversario das capitais europeas da cultura, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña; o catedrático de Historia Medieval, Fernando López Alsina; e a directora de Cursos Internacionais, Lanzada Calatayud, presentou na Fundación Galicia Europa, en Bruxelas, o proxecto Santiago-Une. Estas actividades enmárcanse no Plan de Difusión Exterior de Compostela 2010 do Concello de Santiago.
BENESTAR SOCIAL
A Unidade de Atención ás Migracións imparte un obradoiro para facilitar a integración dos inmigrantes na cidade
A Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), dependente da Concellería de Benestar Social, pon en marcha un Obradoiro de Recursos para Inmigrantes. Desenvolverase no Centro Sociocultural de Conxo dende mañá martes, 23 de marzo, ata o venres 26.
EDUCACIÓN
Educación afronta obras nos centros educativos por importe de 900.000 euros
Despois de ter realizado un informe detallado de todas as necesidades dos centros educativos, a Concellería de Educación atenderá boa parte das mesmas grazas a unha serie de obras incluídas no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local. Serán 900.000 euros os que se invistan nunhas actuacións que afectarán aos centros de infantil e primaria, ás escolas rurais e ás escolas infantís de titularidade municipal.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Remodélase a Rede Municipal de Centros Socioculturais para mellorar os seus servizos
Mellorar a organización dos centros e locais socioculturais, cubrir as novas necesidades e intereses, achegar a oferta cultural ás zonas rurais e favorecer a participación das asociacións nestes centros. Estes son os obxectivos que persegue a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais coa remodelación da Rede Municipal de Centros Socioculturais.
MEDIO AMBIENTE
A Concellería de Medio Ambiente presenta o despregable "Fontes con historia"
A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, presentou o despregable Fontes con historia, aproveitando a celebración do Día Mundial da Auga. Na presentación, na fonte de San Clemente (enfronte da entrada do IES Rosalía de Castro) a concelleira estivo acompañada da responsable de Aquagest na cidade, Paula Piñeiro, e de Mercedes Vázquez, do colectivo DeHistoria, que foi quen elaborou o material. Este ano o Día Mundial da Auga está dedicado á calidade da auga necesaria para...
TURISMO
Turismo de Santiago difunde nunha web toda a información sobre a Semana Santa
A Semana Santa de Santiago ten cada ano un abano maior de actividades, tanto relixiosas como culturais, de tal xeito que estes atractivos, xunto cos propios da cidade, converten a Santiago nun destino de referencia nuns días nos que hai cidades que contan cunha longa tradición. Este ano, dada a celebración do Ano Santo, o atractivo da cidade é aínda maior. Por este motivo, dende Turismo de Santiago desenvolveuse unha páxina web específica, destinada ao público español, que é o que máis participa nestas...