ALCALDÍA
O CES abordou o acordo de cooperación universitaria de Medicina
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu unha reunión do plenario do Consello Económico e Social da cidade, celebrado na Casa do Concello.
CONSORCIO
O Consorcio recupera a carraca da Catedral
O Consorcio de Santiago, coa colaboración financeira da S.A. de Xestión do Xacobeo, construíu unha réplica da carraca da Catedral de Santiago de Compostela e restaurará a orixinal para a súa musealización. Para estes traballos investiu un total de 25.000 euros.
EDUCACIÓN
O Centro de Interpretación do Medio Rural ofrece un programa de obradoiros e actividades durante a Semana Santa
Dentro da súa oferta formativa e de lecer, a Concellería de Educación organiza unha nova proposta no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela para a Semana Santa, do 29 de marzo ao 3 de abril. Este programa de conciliación familiar comprende diversos obradoiros e actividades didácticas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de marzo.
ALCALDÍA
Cento once ciclistas para unha singular e breve acción musical
O Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) dáse a coñecer cun peculiar acto público, denominado Acción fuxidía para 111 ciclistas. Será o domingo, 21 de marzo, ás 12:00 horas, cando os ciclistas interpreten una peza musical no traxecto que vai dende a rúa Xoán XXIII ata a praza do Obradoiro.
ALCALDÍA
O proxecto de duplicación da AP-9 prevé un paso elevado no Castiñeiriño e a conexión coa autovía de Lavacolla
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, indicou que o proxecto de duplicación da autopista AP-9 ao seu paso por Santiago contempla, como aspectos máis significativos a construción de amplas rotondas e un paso elevado en Castiñeiriño e a conexión doa autovía de Lavacolla. Ademais, nalgúns tramos da estrada haberá ata 10 carrís.
CULTURA
O ciclo SCQ Danza trae á Compañía Nacional de Danza de novo a Galicia
Ofrecer unha programación estable de danza contemporánea. Ese é o obxectivo de SCQ Danza, o ciclo organizado pola Concellería de Cultura e Centros Socioculturais que dende abril de 2007 trae a Compostela algunhas das propostas galegas e españolas máis interesantes neste eido. Esta edición o ciclo inclúe seis actuacións, entre elas a da Compañía Nacional de Danza que dirixe Nacho Duato.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A mostra "As Misións Pedagóxicas 1931-1936" convida a reflexionar sobre os efectos desta avanzada iniciativa cultural
A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, inaugurou na Casa das Asociacións a exposición As Misións Pedagóxicas 1931-1936. O acto serviu tamén para que os veciños de Compostela lle renderan unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Alberte Momán gaña o Certame de Poesía "Aurelio Aguirre" e Diego Giráldez o de Relato Curto "José Saramago"
A VII edición do Certame de Poesía Aurelio Aguirre e a IX do Certame de Relato Curto "José Saramago" xa teñen gañadores. Son Alberte Momán Noval e Diego Giráldez García, respectivamente. O xurado destes certames, que organiza a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, reuniuse a finais de febreiro para comezar a analizar todos os textos recibidos. A entrega de premios farase, como nas outras edicións, nun acto cos gañadores que se celebrará nos vindeiros días.
TURISMO
Dez mil persoas visitan a exposición "Ao pé do lar" no Museo do Pobo Galego
A exposición Ao pé do lar, Memorias da Cociña, promovida por Turismo de Santiago co patrocinio de Galicia Calidade e a colaboración especial da Fundación Caixa Galicia, inaugurouse o pasado cinco de febreiro no Museo do Pobo Galego. Dende entón, 10.000 persoas teñen visitado a exposición.