CULTURA
O catálogo do VI Premio Auditorio reúne en formato dixital as 35 obras seleccionadas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron o catálogo do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2009. Un catálogo que, baixo a aparencia dun pequeno libro, agocha un disco compacto que recolle en formato dixital as 35 obras seleccionadas nesta edición do premio. Na mesma presentación anunciaron o gañador do último galardón do certame, o que outorga o público. Conseguiuno Joan Morera, pola súa obra...
EDUCACIÓN
Os educadores de música aprenden as técnicas da danza renacentista
Do 12 ao 14 de marzo, a Escola Municipal de Música acolle un Curso de Danza Renacentista para Educadores de Música, impartido pola profesora Eva Narejos. Trinta profesores esgotaron xa as prazas para participar neste curso, ao que tamén se poderá asistir coma oínte.
BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
A Mesa de Concertación do Pacto Local pola Conciliación coñeceu o "Diagnóstico sobre os horarios e usos do tempo"
A Casa do Concello acolleu a primeira Mesa de Concertación do Pacto Local pola Conciliación da cidade de Santiago de Compostela. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu esta mesa, na que se presentou o Diagnóstico sobre os horarios e usos do tempo da cidade de Santiago. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, dará todos os detalles deste diagnóstico nunha rolda de prensa que se celebrará o martes 2 a partir das 11:00 horas.