OFRENDA AO APÓSTOLO
Núñez Feijóo salienta na súa ofrenda ao Apóstolo os máis de nove millóns de visitantes deste Xacobeo 2010
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo realizou por segundo ano consecutivo a tradicional Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago coa que se conmemora a translación dos seus restos. O delegado rexio destacou o éxito de visitantes do Ano Santo 2010 e da presenza do Papa Bieito XVI, e pediu ao Santo axuda para superar a crise económica.
CONSORCIO
O Consorcio restaura a vella carraca da Catedral e xa forma parte do seu museo
En marzo de 2010 o Consorcio de Santiago construíu unha réplica da antiga carraca da Catedral de Santiago e colocouna na torre norte da fachada do Obradoiro. Ante a imposibilidade de conservar a orixinal como instrumento activo, a antiga carraca foi trasladada a un taller de carpintería para a súa restauración e posterior musealización. Dende agora, o vello instrumento pode verse no interior da propia torre, como parte do itinerario da visita ás cubertas da Catedral e ao Pazo de Xelmírez.
PLENO
O Pleno aproba un orzamento municipal consolidado de 117,6 millóns de euros
Na súa sesión ordinaria de decembro, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o orzamento do Concello e o cadro de persoal para 2011. As contas consolidadas sitúanse nos 117,6 millóns de euros, estimando un superávit inicial de 149.225 euros.
FESTAS
O Nadal continúa na carpa da praza Roxa con actividades gratuítas de cultura urbana
A Concellaría de Xuventude e Festas prosegue coa súa programación para o Nadal. Os máis novos poderán pasar unhas horas de lecer na carpa da praza Roxa o luns 3 e o martes 4 con actividades de cultura urbana gratuítas. Haberá xogos de rol e talleres de recortables tropa Korrigan, Wahammer, Infinity e Carcassone, entre ás 11:30 e as 13:30 horas.