CONSUMO
A OMIC e o Mercado de Abastos reparten 2.000 bolsas reutilizables
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) e o Mercado de Abastos de Santiago repartiron bolsas reutilizables entre os usuarios da praza. O concelleiro de Consumo e Mercados, Andrés Fariña, participou no reparto destas bolsas de tea ecolóxicas.
BENESTAR SOCIAL
O novo Servizo de Axuda no Fogar atenderá a preto de 170 composteláns
Geriatros, empresa especializada na atención integral ás persoas maiores, firmou o contrato polo que o Concello de Santiago de Compostela lle adxudica o Servizo de Axuda no Fogar. Grazas a el, aproximadamente 170 persoas beneficiaranse de toda as atencións persoais, domésticas, psicosociais e de acompañamento que precisen. Geriatros, que xa xestionou este servizo para o Concello en anos anteriores, asumirao de novo durante un período de dous anos, prorrogables a outros dous.
PLENO
Visto bo definitivo á reserva para residentes do 30% das prazas de aparcamento
O Pleno municipal aprobou por unanimidade a nova Ordenanza reguladora do aparcamento no Concello de Santiago. A norma regula a ORA e os diferentes réximes para a súa correcta utilización, incluíndo a reserva de prazas para os residentes, que se establece nun mínimo do 30%.
CONDENA
A Corporación condena o atentado contra o catedrático e articulista Roberto Blanco Valdés
O Goberno Municipal de Santiago de Compostela condena rotundamente o atentado sufrido por Roberto Blanco Valdés e amosa a súa solidariedade con el. Así mesmo, solicita da Delegación do Goberno e das Forzas de Seguridade do Estado o inmediato esclarecemento e detención dos responsables.
PLENO
O Concello manifesta a súa disposición a colaborar con todas as institucións en prol do éxito do Xacobeo 2010
A Corporación municipal aprobou por unanimidade unha declaración na que manifesta "o seu interese e desexo porque a celebración do Ano Santo Xubilar 2010 sexa un éxito e, polo tanto, a súa disposición a colaborar con todas as institucións públicas para lograr este obxectivo".
PLENO
Dada conta ao Pleno da prórroga orzamentaria e da retención de gasto de 3,5 millóns de euros
Nunha comparecencia a petición propia, a concelleira de Facenda, Rosa Fernández Somoza, explicou ao Pleno o decreto de prórroga orzamentaria asinado o 31 de decembro. No mesmo procédese con carácter cautelar a unha retención de gasto por importe aproximado de 3.500.000 euros.