ALCALDÍA
O ministro de Xustiza únese á reivindicación do papel de Santiago de Compostela como "estrela do Camiño"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, quen asinou no Libro de Honra do Ano Santo. Un dos temas dos que falaron foi o Xacobeo 2010. O ministro amosou a súa disposición a "facer o posible" polo recoñecemento de Compostela e reivindicou o seu papel como "estrela do Camiño".
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá inaugura a mostra "Os composteláns imos de voda"
A Concellaría de Participación Cidadá convida a todas e todos á exposición fotográfica Os composteláns imos de voda, que se inaugurará na Casa das Asociacións o martes 19 de xaneiro ás 20:00 horas. A mostra permanecerá aberta ata o 6 de febreiro.
ALCALDÍA
O alcalde comprométese con CERMI a mediar para que o Hostal solucione os seus problemas de accesibilidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o presidente do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI), Anxo Queiruga. Na reunión falaron dos problemas de accesibilidade detectados no Hostal dos Reis Católicos.
DEPORTES
Premios para os máis deportivos da temporada 2008/09
A S.D. Grixoa (2ª Autonómica), o C.D. Urban (3ª Autonómica), o Club La Salle (Xuvenil) e a S.D. Villestro (Cadete B) foron os gañadores dos trofeos á deportividade da temporada 2008/09. Algúns destes equipos son xa habituais entre os máis deportivos e tanto a S.D. Grixoa como a S.D. Villestro repiten trofeo nas súas respectivas categorías.