XUNTA DE GOBERNO
Seis composteláns irán de fin de semana a un balneario de Galicia grazas ao bo uso do colector amarelo
A Xunta de Goberno aprobou a relación de premiados do Concurso sobre o uso correcto do colector de envases de plástico, latas e briks, organizado pola Concellería de Servizos. Ademais, adxudicouse definitivamente o mobiliario da Casa das Asociacións de Servizos Sociais.
ALCALDÍA
Daniel Martínez Mariño, do Colexio Junior’s, gaña o Concurso Literario Ánxel Casal nas modalidades de poesía e conto
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, entregaron os premios aos seis galardoados no XIV Concurso Literario Ánxel Casal nas súas modalidades de poesía, conto e teatro. Nesta edición, un mesmo novo creador, Daniel Martínez Mariño, gañou as categorías de poesía e conto. Outro, Marcos Rodríguez Regueira, gañou na categoría de teatro e quedou segundo na de poesía.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese cos veciños para explicarlles o proxecto de reurbanización da avenida de Castelao
O mércores 16 de decembro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá ás 20.30 horas un encontro con veciños no Centro Sociocultural de Vite para explicarlles de forma directa o proxecto de reurbanización da avenida de Castelao.
ALCALDÍA
A Comisión Asesora do Casco Histórico aproba o anteproxecto de rehabilitación da Casa do Cabildo
A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deu o visto bo ao anteproxecto de intervención na Casa do Cabildo, elaborado pola oficina técnica do Consorcio de Santiago.