ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Santiago soportou francamente ben unhas condicións climatolóxicas moi adversas"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo referiuse na súa rolda de prensa semanal á incidencia na cidade do temporal do pasado fin de semana. Á marxe dalgún problema puntual, dixo, "Santiago soportou francamente ben unhas condición climatolóxicas moi adversas".
FESTAS
O Nadal comeza en Compostela co acendido das luces no Obradoiro e a inauguración do Belén de Umbria
O Nadal chegou ás rúas da cidade cando o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o Belén da praza do Obradoiro, chegado dende a rexión italiana de Umbria, e se acenderon as luces da praza máis emblemática de Santiago. Con este acto, ao que asistiu unha comitiva procedente da Rexión de Umbria, deu comezo o Nadal nas rúas de Santiago.
TURISMO
Os mellores cociñeiros do mundo estarán no Fórum Gastronómico Santiago 2010
Santiago de Compostela acollerá un auténtico despregamento de profesionais do mundo da enogastronomía en febreiro. As mellores figuras internacionais, españolas e galegas mostrarán a súa arte culinaria no Fórum Santiago 2010.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
A tenda Pecados, Localia Televisión e a Libraría Pedreira, galardoados na décima edición dos Premios Manuel Beiras
O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio entregaron, no Hotel Araguaney, os galardóns da décima edición dos Premios Manuel Beiras. Nesta ocasión os premiados foron a tenda de lambetadas Pecados, Localia Televisión e a Libraría Pedreira.
EDUCACIÓN
Máis de 500 escolares asistirán ás representacións de "Cachai" no Teatro Principal
A Concellería de Educación e a Aula Aberta de Filosofía organizan res representacións da obra Cachai, a cargo da Compañía Microscopio Perdicións. A primeira das sesións terá lugar no Teatro Principal o vindeiro domingo, 13 de decembro, ás 20:00 horas, e está destinada ao profesorado de filosofía e ao público en xeral. A segunda e terceira, para alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º e 1º de Bacharelato, celebrarase o luns 14, ás 9:00 e ás 12:00 horas, no mesmo...