EDUCACIÓN
Santiago de Compostela únese ao recordo das vítimas da violencia viaria
O 15 de novembro celébrase o Día mundial en recordo das vítimas da violencia viaria. A cidade de Santiago unirase a esta conmemoración cunha serie de actividades a celebrar o día anterior, o sábado 14 de novembro.
DEPORTES
O parque Eugenio Granell acolle o II Trofeo de campo a través "Cidade de Santiago"
O sábado 14 de novembro, o parque Eugenio Granell, no Restollal, será o escenario da primeira das xornadas do II Trofeo de Atletismo de campo a través Cidade de Santiago. A segunda xornada celebrarase o 12 de decembro.
COMERCIO
Un tratamento de chocolaterapia gaña o concurso "Regalar custa pouco"
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os produtos gañadores do II Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco; un programa que ten como obxectivo potenciar as compras nos establecementos comerciais da cidade durante o Nadal.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Premio Manuel Beiras recoñece un ano máis o labor de normalización do uso da lingua nas empresas
O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago convocan a décima edición do Premio Manuel Beiras. Este galardón tratan de recoñecer o esforzo que realizan as empresas do municipio no proceso de normalización do uso da lingua galega.
PARQUES E XARDÍNS
Villestro conta cun novo parque infantil
Os cativos e cativas de Villestro dispoñen xa dunha nova área de xogos e parque infantil na súa parroquia. A construción deste novo equipamento, impulsado pola Concellaría do Medio Ambiente, Parques e Xardíns, supuxo un investimnto 24.914 euros.
XUVENTUDE
Entregados os premios premios da segunda edición de "MúsicaXove"
A Concellaría de Xuventude entregou na Sala Capitol os premios aos gañadores do segunda edición do Certame MúsicaXove, nas modalidades de metal, hip-hop, canción de autor e pop-rock. O acto contou coa presenza do director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro; o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro.
BOMBEIROS
O Museo do Pobo Galego, escenario dun simulacro de incendio
Para pechar o "Curso básico de intervencións de extincións de incendios en Patrimonio histórico", organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, celebrouse un simulacro de incendio no Museo do Pobo Galego. Os bombeiros realizaron talleres de intervención relativos a extinción de incendios, evacuación e manipulación de obras de arte.
CULTURA
Sons da Diversidade estrea a sétima edición co artista xaponés Ryuichi Sakamoto
O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola concellaría de Cultura, comeza o venres 13 de novembro unha nova edición cargada de novidades: presenta por primeira vez unha tempada de novembro a xuño, na que ademais se puxeron á venda abonos con importantes descontos. O ciclo comeza co concerto do xaponés Ryuichi Sakamoto no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas.