CIENCIA
Setecentas persoas experimentarán en "Arqueocampo" a cadea do traballo arqueolóxico
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director do Laboratorio de Patrimonio do CSIC, Felipe Criado, inauguraron Arqueocampo, actividade de divulgación gratuíta para o público xeral e escolar na que os asistentes se converten en arqueólogos por unhas horas ao experimentar toda a cadea do traballo arqueolóxico cunha metodoloxía práctica.
EXTINCIÓN DE INCENDIOS
O Parque de Bombeiros acolle un curso de intervencións de extinción de incendios no patrimonio histórico
A aula do Parque de Bombeiros de Santiago acolle ata o xoves 12 un Curso Básico de Intervencións de Extinción de Incendios en Patrimonio Histórico, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Estas sesións completaranse na última xornada cun simulacro de incendio.
EDUCACIÓN
Un traballo sobre os xogos tradicionais gaña a sétima edición dos Premios Educacompostela
O grupo de traballo composto por Xavier López García e Secundino García Mera, do CEIP Mosteiro de Caaveiro, do concello da Capela, fíxose co primeiro premio dos VII Premios Educacompostela. Este proxecto pedagóxico en torno aos xogos tradicionais logrou imporse nunha edición á que se presentaron 25 traballos.
XUVENTUDE
Xuventude pecha a súa programación de 2009 con dez novas actividades
O concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, presentou o programa de actividades formativas do departamento para os meses de novembro e decembro. Coincidindo co inicio do novo curso, Baqueiro indicou que se desenvolverá un primeiro paquete de actividades para dar continuidade á proposta cultural e educativa de todo o ano, resultado da colaboración entre profesionais e colectivos, que dará acollida a mozos e mozas con diferentes motivacións.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica as obras de reurbanización da rúa do Espírito Santo
A Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente as obras de reurbanización da rúa do Espírito Santo, por importe de 419.109 euros máis IVE. Entre outros asuntos, o Goberno local tamén deu o visto bo ao Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.
SERVIZOS
Os composteláns poden solicitar composteiros para os seus domicilios
Dende o mércores 11 de novembro e polo prazo de 10 días hábiles, estará aberto o prazo para solicitar composteiros de uso domiciliario. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Santiago, situado na rúa Presidente Salvador Allende, nº 4 baixo), de luns a sábado, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
COMERCIO
O concurso "Regalar custa pouco" escollerá as mellores propostas de agasallos para o Nadal entre 86 produtos
Un total de 86 produtos, pertencentes a 16 estabelecementos comerciais, presentouse ao II Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Á primeira edición, celebrada en 2008, presentáranse 51 produtos correspondentes a 14 comercios.