CIDADE HISTÓRICA
As obras da calzada de Santo Antón potenciarán o espazo público cuns singulares patíns
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, e o arquitecto e xefe do servizo da Oficina de Cidade Histórica e Rehabilitación, Javier Fernández, presentaron o proxecto de reurbanización da calzada de Santo Antón, no Barrio de Belvís. Esta actuación forma parte dunha serie de obras que se están a acometer ou se acometerán na Cidade Histórica e que suporán unha importante mellora urbana.
ALCALDÍA
Down Compostela dá a coñecer as súas actividades na Feira de Curiosidades do Mundo da praza Roxa
Ata o 1 de novembro permanecerá aberta na Praza Roxa a Feira de Curiosidades do Mundo, promovida pola Fundación Down Compostela. Esta mostra reúne a expositores que amosan a artesanía de diversos países.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Xornada Emprende en Compostela contará cun espazo para conectarse a Red Trabaj@
A IV Xornada Emprende en Compostela, que se celebrará o 27 de outubro no Pazo de Congresos de Santiago, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e por Bic Galicia, contará cun espazo específico destinado a Red Trabaj@, no que se instalarán oito ordenadores con conexión á nova web do Ministerio de Traballo e Inmigración: www.redtrabaja.es.