URBANISMO
Novos usos dotacionais no SUNP-31 de San Marcos
A Xunta de Goberno deu o visto bo inicial á modificación puntual do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 31 (SUNP-31) de San Marcos. Este cambio reduce a primacía do uso hoteleiro e ofrece un máis amplo abano de posibilidades para actividades de carácter terciario e rotacional.
XUNTA DE GOBERNO
Melloras no carril de servizo entre a rotonda da avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas
O Goberno local adxudicou as obras de ampliación do acondicionamento do carril de servizo na N-550 (PK-61.995 a PK-62.940). Trátase do carril que transcorre entre a rotonda da avenida de Lugo e o acceso a Fontiñas dende o Periférico.
EDUCACIÓN
A Escola Infantil de Conxo pecha durante o mes de agosto
O Goberno municipal autorizou o peche durante o mes de agosto da Escola Infantil Municipal de Conxo, dándose o servizo ás familias que o demandan na Escola Infantil Municipal das Fontiñas.
MOCIDADE
O certame "Músicaxove’08" prepara os seus concertos finais
A Xunta de Goberno aprobou un orzamento de 7.168 euros para os concertos finais do certame "Músicaxove`08, de grupos musicais dos locais municipais de música para a mocidade de Compostela.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Santiago reforzou en Bahía a súa imaxe como destino turístico e económico
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, valorou en rolda de prensa os resultados da visita ao Estado brasileiro de Salvador de Bahía, que tivo lugar entre o 1 e 6 de xuño, e na que participaron representantes da USC e do sector empresarial da cidade, coa colaboración do touroperador galego Costas Galicia.
TURISMO
Vinte e sete establecementos inscritos no concurso de "Santiago(é)Tapas"
O I Concurso Santiago(é)Tapas conta xa con 27 inscritos. O prazo de inscrición no certame, que se celebrará entre o 28 de xuño e o 13 de xullo, abriuse o 28 de maio e rematará o domingo 15 de xuño.